Juan Manuel Saborido: "O rural sí que vale"
O alcalde de Carnota aposta por unha postura común para poñer en valor a vida no rural da bisbarra.
Entrevista a Moma Saborido, alcalde de Carnota (15/04/2020)
16:31
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1586962901_016861/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
O alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido foi o protagonista hoxe do Vivindo a Costa da Morte de Radio Nordés. Nun concello onde a día de hoxe non hai casos confirmados de coronavirus, as olladas tornan xa cara os efectos que o coronavirus provoque nunha economía dependente do turismo coma a de Carnota.
"Para Carnota é un golpe moi duro. A industria máis grande que hai é o turismo. Agora estamos máis afectados porque para levantalo vai ser necesario ter a tranquilidade de ter unha medicación ou vacina conta o coronavirus" afirmou o mandatario carnotán. Juan Manuel Saborido confiou en que os políticos de todos os niveis sexan capaces de superar as barreiras das siglas para buscar o xeito de encauzar a saída da crise que se aveciña. Un desexo que traslada tamén á Costa da Morte: "Deberíamos ter altura de miras para ter un estado de benestar para todos" concluiu Saborido.