Sociedad
CORONAVIRUS COVID 19

Jácome: 'Pondremos en la ciudad 50 millones de euros"

Anunciou que se construirá un túnel de entrada e saída de Ourense na avenida Pardo de Cela

Rueda de prensa de esta mañana / Concello de Ourense

Ourense

O Concello mobilizará 50 millóns de euros en obras para reactivar a economía local. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na comparecencia en que o goberno municipal fixo balance das medidas adoptadas polo Concello desde o inicio da pandemia, e as que vai desenvolver para reactivar a economía da cidade e darlle apoio aos colectivos máis directamente afectados polas consecuencias da pandemia.

“O barco segue adiante”, dixo o alcalde, xa que “a maquinaria está funcionando ben por dentro”. Así, avanzou o próximo peche do exercicio económico do Concello do ano 2019, feito que permitirá utilizar o remanente de tesourería do que dispón o Concello e utilizar eses recursos económicos. Tamén adiantou que o Concello celebrará o día 30 de abril un pleno telemático, no que prevé aprobar definitivamente os Orzamentos de 2020, os primeiros que aprobe o Concello, subliñou, en 6 anos.

O alcalde compareceu acompañado por Jorge Pumar, tenente de alcalde; Miguel Caride, voceiro do grupo de goberno; e Eugenia Díaz Abella, concelleira de Política Social.

Asemade desenvolverá un programa de axudas aos autónomos. Con el espera chegar a entre 7.000 e 8.000 persoas, e conceder uns 2.000 euros por autónomo.

Especialmente salientable será o investimento en obras, que ascenderá a uns 50 millóns de euros nun prazo de 24-30 meses. Entre estas obras, subliñou as escaleiras mecánicas, un túnel de entrada e saída a cidade na avenida Pardo de Cela, parques disuasorios, o inicio do parque acuático termal, a renovación de todos os contedores da cidade, soterrados e en superficie, a aprobación dun novo prego de condicións para adxudicar o servizo de limpeza e recollida de residuos na cidade, a renovación e mellora da iluminación da cidade ou os proxectos de humanización de rúas.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00