Sociedad
CORONAVIRUS COVID 19

O Concello construirá un aparcadoiro disuasorio con 600 prazas

O obxetivo é desconxestionar o tráfico rodado do centro da cidade

Zoa na que se construirá o aparcamento disuasorio / Concello de Ourense

Ourense

O Concello construirá un aparcadoiro disuasorio de baixo custo no barrio das Lagoas con 600 prazas. O proxecto forma parte do plan de investimentos de 50 millóns de euros anunciado polo goberno municipal.

O Concello de Ourense construirá un aparcadoiro disuasorio de 600 prazas na rotonda das Lagoas. Un proxecto “moi necesario” sinala o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, xa que permite “dar resposta ás necesidades que existen nesa zona. Trátase dunha actuación que forma parte do plan de investimentos por importe de 50 millóns de euros anunciado polo grupo de goberno municipal, que ten como obxectivo “reactivar a económica no Concello ante a situación provocada polo COVID-19”, comenta o rexedor.

O aparcadoiro disuasorio estaría situado na zona do campus universitario, xusto fronte ao edificio politécnico. Trátase da rotonda das Lagoas, emprazada dentro do polígono da Zona 4 do Solo Urbano número 25 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, no subsolo da praza interior da urbanización que se está levando a cabo, cunha superficie aproximada de 7.000 metros cadrados, na zona da avenida de Otero Pedrayo e rúa de Castelao, contigua á residencia universitaria e á igrexa da Asunción.

Para o alcalde, o obxectivo do aparcadoiro disuasorio “é desconxestionar o tráfico rodado do centro da cidade". O custo da construción do aparcadoiro roldaría os 4 millóns de euros e unha parte sería asumida polos convenios coa urbanización que se está promovendo no mesmo punto. Por outra banda, e segundo se contempla no proxecto, en superficie do aparcadoiro construirase unha praza-parque de 7.000 metros cadrados.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00