Lunes, 21 de Septiembre de 2020

Otras localidades

PANDEMIA EN MADRID PANDEMIA EN MADRID Sánchez llega a la Puerta del Sol de Madrid para reunirse con Ayuso

Rescatan a 40 cans abandonados durante o confinamento

Cans abandonados durante o confinamento

Cans abandonados durante o confinamento / Cadena SER

Tan só días despois do rescate da cadela Lara e os seus sete cachorros dunha situación extrema en Crecente, o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra realizou dúas intervencións para salvar dun tráxico final a outros nove cachorros abandonados en dous concellos da comarca do Deza.

No primeiro caso, o persoal do CAAN rescatou a tres cachorros atopados nunha explotación gandeira en Rodeiro. As circunstancias da aparición destes animais (dúas femias, Rona e Roma, e un macho, Ron), que tivo lugar o pasado Xoves Santo, 8 de abril, apuntan a que foron abandonados no devandito lugar. Amais, dous deles apareceron no interior dunha fosa de zurro e de non ser pola rápida intervención do persoal do centro da Deputación expoñeríanse a unha morte segura. Na zona onde se atoparon os animais, que teñen dous meses de idade, sitúanse varias explotacións gandeiras e apenas hai vivendas próximas, polo que a hipótese do abandono cobra forza. Afortunadamente, os cachorros atópanse en aparente bo estado e están a recuperarse e ser coidados polo persoal do CAAN, que xa procedeu a súa desparasitación.

E o pasado luns o centro rescatou a unha cadela, Laila, e os seus seis cachorros (Suso, Antón, Lois, Breixo, Ramón e Leal) que estaban abandonados en Outeiro, na parroquia de Moneixos en Lalín. O CAAN foi alertado pola Policía Local do concello da presenza dos animais e tralo seu rescate, o persoal do centro comprobou que as crías teñen un mes e se atopan en aparente bo estado, aínda que se están a extremar os coidados pola delicada saúde que habitualmente presentan os cachorros a esa idade.

Con estes animais son xa 36 os recollidos polo centro dependente da Deputación desde que se decretou o Estado de Alarma polo COVID-19. A presidenta provincial, Carmela Silva, fixo un chamamento contra o abandono de cans e cadelas nesta época de confinamento, “e de todos os animais que dependen de nós, que nos fan tanta compañía e que non merecen un maltrato tan brutal como é o abandono. Os animais nunca nos abandonarían, nin no noso peor momento, son incondicionais e a nosa resposta ten que ser coidalos e darlles o noso amor”.

Silva lembrou que durante o Estado de Alarma o CAAN está pechado ao público e ten as adopcións suspendidas, pero mantén o seu servizo de lacería para casos de atención necesaria. Nestes supostos realizáronse recollidas desde o 14 de marzo nos concellos de Marín, Caldas, Redondela, Nigrán (2), Baiona, Meaño, Soutomaior, Meis (3), A Estrada, Mos, Campo Lameiro, Fornelos, A Cañiza, Crecente (8), Rodeiro (3), Vilanova (2) e Lalín (7). En seis destes casos (Marín, Caldas, Meis, Mos, Vilanova e un en Nigrán), os cans puideron ser devoltos aos seus propietarios. Onte tamén se devolveu ao seu dono un can que fora recollido en Meis con anterioridade ao estado de alarma.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?