Sociedad | Actualidad

José Muíño: "Cada un loita polo seu e así somos máis débiles"

O alcalde de Cabana dubida sobre as opcións de facer realidade a unión comarcal

Entrevista a José Muiño, alcalde de Cabana

Entrevista a José Muiño, alcalde de Cabana

19:07

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1587479841_706874/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O alcalde de Cabana de Bergantiños analizou hoxe a situación que se vive no seu concello coa crise provocada polo coronavirus. "Hai que ter precaución, pero se respira unha tranquilidade que non hai noutros lugares. Parece que empeza a chegar a normalidade" aseverou José Muíño nos micrófonos de Radio Nordés.

Ao respecto do escenario de recesión que vai deixar a crise sanitaria, Muíño aposta tamén por unha saída pensada en colectivo, como Costa da Morte, inda que ten as súas dúbidas acerca de que se poida facer realidade esa fronte común. "A miña experiencia di que pensamos no noso concello de forma individualizada. Cada un loita polo seu e así somos máis débiles. Se fosemos máis unidos é posible que marcasemos directrices" criticou o alcalde cabanés. Pese a iso, tamén quixo apuntar que "na zona de Bergantiños somos moi unidos e as cousas fanse con moito consenso entre distintos grupos políticos. Pero podería haber máis unión para facer cousas, non para ir contra ninguén".

José Muíño non quixo analizar a xestión da crise do COVID-19, adiando o momento das análises. "Todo o mundo fai o que pode. Non é o momento para críticas.  Haberá tempo para analizar erros e quen os tivo. Agora é momento de colaborar"

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00