Continúa o éxito do vídeo da campaña 'Miña Coruña'
O Consorcio de Turismo da Coruña alenta á cidadanía nestes momentos de confinamento co vídeo 'Somos un faro'

Fotograma del video Miña Coruña / Consorcio de Turismo de A Coruña

A Coruña
A campaña ' Miña Coruña', coa que o Consorcio de Turismo da Coruña alenta á cidadanía nestes momentos de confinamento co vídeo 'Somos un faro', continúa sendo un éxito, segundo informa o Consistorio.
"Cun alcance estimado nas canles oficiais do concello de 243.500 persoas, xa que tamén foi compartido por outras redes como Coruña Cociña ou o Real Club Deportivo da Coruña", engade.
"A iniciativa reforza a importancia de afrontar xuntos esta crise sanitaria, á vez que lembra que falta menos para gozar da cidade e dos seus recursos", apostila.
En concreto, aos oito días da súa publicación, en Facebook contabilizouse 30.000 reproducións entre as dúas versións en galego e castelán, por parte de 105.200 persoas usuarias, mentres que en Twitter foron 41.400 as veces que se visualizou a peza por parte de 103.715 seguidoras e seguidores. En Instagram foi visto por 22.933 persoas usuarias en 15.142 ocasións e en Youtube rexistráronse 11.600 reproducións.
A campaña mostra imaxes da Coruña cunha mensaxe esperanzadora para levar mellor este período de confinamento e, nela, o concello agradece o traballo e a solidaridadde os colectivos profesionais e da veciñanza en xeral.




