Juan Carlos García Pose: "Gustaríame formar parte dun grupo amplo de concellos"
O rexedor de Coristanco cede a iniciativa da creación pero amosa a súa disposición a participar
Entrevista a Juan Carlos García Pose, alcalde de Coristanco (23/04/2020)
19:34
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1587649667_667623/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Juan Carlos García Pose afronta a súa primeira crise dende que é alcalde de Coristanco. Asumiu o bastón de mando o pasado mes de maio en menos dun ano despois, fai fronte a unha crise sanitaria que vai levar aparellada outra económica. Da primeira, ao igual que o conxunto da Costa da Morte, Coristanco vai saíndo razoablemente ben. Sobre a segunda o alcalde ten máis dúbidas.
A capital da pataca non é un concello que dependa tanto do sector turístico coma outros da súa contorna. Iso non sirve para que García Pose considere que o seu municipio sexa un compartimento estanco ante unha recesión económica como a que ven: non son destino turístico, pero venden moitos produtos a turistas e a locais de hostalería que si dependen deses visitantes. Por iso o alcalde coristanqués non dubida en apuntarse a calquera movemento supramunicipal orientado a traballar pola recuperación da bisbarra. "Gustaríame formar parte dun grupo amplo de concellos" manifestou nos micrófonos de Radio Nordés.
O seu desexo de participar no impulso da comarca lévao a superar as diferenzas que poidan ocasionar as distintas cores políticas que se puidesen sentar nunha teórica mesa de alcaldes. Só así se poderá conseguir o obxectivo de evitar unha crise prolongada. A esa mesa de alcaldes acudirá sen condicións. "Chame quen chame, nós estaremos e agardo que saia adiante o que sexa máis intelixente, independentemente de quen o propoña" anifestou no Vivindo a Costa da Morte.
Ao respecto da iniciativa para a formación desa fronte ampla, García Pose cede a iniciativa a outros colegas con máis horas de alcaldía. "Eu levo pouco de alcalde e pouco en política. Hai alcaldes que son máis veteranos que me gustan moito escoitar. Os demais faremos aportacións. Precisamos referentes", sinalou o alcalde coristanqués. o seu respeto por outros alcaldes que deben ser motores deste movemento. Entre eses alcaldes aos que gosta de escoitar destacou aos de A Laracha ou Carballo "inda que tamén hai outros".