Viernes, 05 de Junio de 2020

Otras localidades

Coronavirus Covid-19

Así é a proba do Covid-19 que inicia hoxe o Sergas

O Servizo Galego de Saúde comeza hoxe a realizar a primeira das dúas ondas de test que conforman o estudo epidemiolóxico deseñado pola Xunta de Galicia co obxectivo de definir a auténtica dimensión da epidemia da Covid-19. Así, a segunda da súas fases, terá lugar dentro de catro semanas.

Con esta análise, a Consellería de Sanidade procurará un triple obxectivo: estimar a prevalencia da inmunidade fronte ao Covid-19 nas diferentes localidades galegas, definir cal é a súa repercusión de acordo ás variables de sexo e idade, e, finalmente, monitorizar a evolución da epidemia durante o período de tempo en que se produza a recollida da información.

O Sergas deseñará un mapa epidemiolóxico de Galicia a través de dúas mostras de 50.925 persoas distribuídas entre as diferentes comarcas e concellos galegos. Así, e dun xeito aleatorio, o Instituto Galego de Estatística (IGE) seleccionou en primeiro termo, un mínimo de 600 persoas en 38 áreas territoriais que agrupan a todas as comarcas e, de seguido, distribuíu proporcionalmente os restantes test segundo a súa densidade de poboación, até chegar as 50.925 mostras por fase.

Nas sete grandes cidades galegas, a realización de probas desta primeira onda será de 4.800 en Vigo, 3.500 en A Coruña, 2.800 en Ourense, 2.150 en Lugo, 1.900 en Pontevedra, 1.650 en Santiago e 1.500 en Ferrol.

A Consellería de Sanidade, a través dos seus recursos asistenciais, encargarase tanto da realización dos test como da recollida da información e, desde hoxe, comezará a citar a cada unha das persoas seleccionadas de xeito aleatorio polo IGE. Ademais, o Instituto Galego de Estatística será o encargado de enviar o listado coas persoas seleccionadas a cada un dos centros de saúde das áreas territoriais definidas.

A citación ás probas realizarase mediante contacto telefónico con cada unha das persoas seleccionadas e, tras realizárselles unha pequena enquisa concretarase unha cita para facer o test no centro de saúde especificado. Neste senso, a toma da mostra consistirá nunha punción dixital que tras ser introducida nun medio reactivo, indicará se esa persoa tivo contacto coa Covid-19 ou non. Ademais, no caso de que a persoa seleccionada para realizar a proba se atope encamada, o persoal do centro desprazarase até o seu domicilio. Cabe subliñar que os resultados das probas comunicaranse no mesmo día da súa realización, por medio dunha nova chamada telefónica.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?