Miércoles, 03 de Junio de 2020

Otras localidades

Sandra Insua: "As peticións de axuda alimentaria aumentaron un 200%"

A alcaldesa de Camariñas lamenta as consecuencias da crise económica provocada polo coronavirus.

Sandra Insua pasou hoxe polos micrófonos de Radio Nordés. A alcaldesa foi a encargada de poñer o punto e final á rolda de entrevistas cos alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte. A rexedora de Camariñas repasou a actualidade do seu concello na emisora da Cadena SER.

Logo de comentar algunha das actuacións que dende o concello veñen realizando na loita contra o coronavirus, Insua valorou positivamente a evolución que segue a enfermidade en Camariñas, con un só hospitalizado e sen presenza de positivos no territorio municipal. Non puido ser tan optimista respecto ao futuro económico da vila, ao igual que no resto dos da contorna. "Non o vexo moi ben (a Camariñas). Entre a hostalería, a pesca... Se isto pasa en outubro terías gardadao da risa para as choras, pero pasa cando xa levas seis meses de duro inverno e agora sigue sendo duro. Os comerciantes xa tiñan a roupa comprada xae se non hai festas, non hai ventas".

A crise provocou un aumento nas peticións de axuda alimentaria ao Concello. "Debeu aumentar un 200% polo menos. Hai xente que contaba con traballar, por exemplo, de camareiros en abril e sen embargo agora non teñen ningún ingreso". Alabou o papel de Cerdeimar, unha conserveira que acaba de sacar unha oferta de emprego de 25 traballadores.

Na busca de solucións a esa crise, a alcaldesa apúntase a unha fronte común costeira e agarda que poder afrontar axiña a primeira reunión, "en Cee ou Vimianzo, que teñen boas casas da cultura".

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?