Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Actualidad
Eu nunca...

... desfasei

A Coruña

Ola Mayte, como ides? Pois eu por aquí facendo o plan da desescalada, porque é unha cousa complexa, e como cando tes que planificar nun festival a que artistas queres ver porque coinciden en varios escenarios; pois aquí pasa o mesmo.

Na primeira fase, a fase 0, (que tamén lle puideron chamar fase 1, son ganas de liar), está a nivel persoal o de sair a facer exercicio e para pasear cos membros da vivenda, que eu creo que a miña gata non vai querer. E logo está o de pedir cita nos comercios, que, máis alá de se están preparados os comercios para ir dando cita de maneira cómoda... témome que estén tan petados que me den cita xa para a fase 1 ou a 2.

A segunda fase, a fase 1, (que tamén lle puideron chamar fase 2, son ganas de liar), sería o 11 de maio se se cumpren os marcadores a cumprir. A novidade grande é que xa poderemos reunirnos en pequenos grupos por exemplo, en terrazas ao 30% de aforo, que iso vai ser como o xogo das sillas, porque pensen, se unha terraza ten 6 mesas, normalmente, agora terá dúas. Imaxino que as quedadas van ser máis ben en plan "cada un que baixe e o primeiro que atope sitio pois que diga e vémonos alí". Por dar ideas.

Na fase 2, que sería a terceira, (que tamén lle puideron chamar fase 3, son ganas de liar), que sería o 25 de maio se nos portamos ben, xa poderíamos ir ao teatro, ao cine... iso si, con aforo reducido; que igual no cine durante semana non se nota moito, ogallá que si. Pero, amigos... volven as vodas, así que igual este ano ao final non nos libramos de acudir a unha.

E por último, a fase 3, (que tamén lle puideron chamar fase 4, son ganas de liar) xa volve todo, as discotecas, os pubs, os touros (que necesidade habería). Imos, que a xente do Tinder si que vai a pasar de fase e iso vai ser un desfase.

E que pasa despois? Pois que chegará a nova normalidade, porque a "normalidade anormal" pois igual non quedaba ben. Pero para iso aínda falta así que paseniño paseniño, e con sentidiño.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00