Deportes

La Vuelta chegará á Costa da Morte o 3 de novembro

A proba comenzará o día 20 de outubro en Irún

La Vuelta chega ao Ézaro por terceira vez / Cedida

A UCI (Unión Ciclista Internacional) acaba de facer público o calendario ciclista deste 2020. La Vuelta foi reubicada entre o 20 de outubro e o 8 de novembro, situando á etapa entre Muros e o Mirador do Ézaro no 3 de novembro. Será a terceira vez na que o mirador dumbriés sexa final de etapa, logo das vitorias de Purito Rodriguez e o francés Geniez.

A ronda española vai a completar, se as autoridadaes sanitarias dan a súa aprobación, a súa edición máis extrana. Comenzará un martes, día 20 de outubro, e constará só de 18 etapas ao terse suprimido as tres primeiras que ían ter lugar nos Países Baixos. Habitualmente son 21 as etapas que compoñen unha gran volta.

La Vuelta chegará a Galicia o día 2 de novembro, afrontando unha xornada de descanso na Coruña, logo de desputar o día antes unha etapa clave no Angliru. O día 3 de novembro terá lugar a contrarreloxio entre Muros e o Mirador do Ézaro. Ao día seguinte Galicia acollerá unha etapa máis entre Lugo e Ourense. A proba sairá ao día seguinte dende Mos e dirección a Portugal, en concreto a Porto (Aveiro).

O Concello de Dumbría, pese aos perxuizos que causa o cambio de datas, sempre apostou  por manter a etapa no calendario para tentar estimular ao sector turístico da bisbarra. A loxística dunha proba como La Vuelta require do desprazamento dunha gran cantidade de traballadores e os hoteis poden obter un beneficio fóra de campaña nun momento tan delicado como o que se abre coa crise provocada pola COVID-19

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00