Sociedad
COVID 19

Un condutor de autobús da positivo

O Concello e a concesionaria do transporte urbano adoptan medidas de seguridade

Cartel informativo colgado en los autobuses de Ourense / Concello de Ourense

Ourense

O Concello de Ourense, xunto ca empresa concesionaria do transporte urbano, procederon á adopción das medidas de seguridade estipuladas tras detectarse un positivo por coronavirus, o pasado sábado día 2 de maio, dun condutor. Así, o concelleiro de Infraestruturas e Transporte, Miguel Caride, sinala que “dende o primeiro momento a empresa puxo en marcha o protocolo de seguridade, polo que está garantido o servizo que se presta con todas as garantías”.

Pola súa banda, o xerente da concesionaria do servizo de transporte urbano, José María Díaz, indica que unha vez se confirmou o positivo procedeuse a relevar o condutor, que se atopa de baixa, mentres que os outros tres compañeiros que formaban parte desa quenda atópanse en corentena. Ademais, puxo de manifesto que se procedeu á desinfección dos autobuses, como xa se vén facendo diariamente.

Tamén lembra o xerente da empresa que se están a cumprir as medidas establecidas na situación de alarma pola COVID-19, que marcan a ocupación dun 50 por ceno dos viaxeiros que poden utilizar o autobús gratuitamente, a obriga de utilizar máscaras de protección, acceder ao vehículo pola parte traseira do mesmo, así como de gardar as distancias de seguridade entre os viaxeiros. Así mesmo, pon de manifesto que todos os traballadores do servizo contan con epis, que se lles facilitan máscaras de protección e xeles, xunto coa desinfección dos vehículos ao remate de cada un dos servizos, seguindo un protocolo específico establecido polo coronavirus 19.

Tanto o concelleiro de Transportes coma o xerente da empresa poñen de manifesto que as medidas adoptadas garanten a utilización do transporte público, pero reiteran a necesidade de que se cumpran as normas para a sua utilización.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00