Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Actualidad
Eu nunca...

... estudei na desescalada

A Coruña

Ola, Mayte, dame un segundo, que estou acabando de mandar unha mensaxe co móbil. Ai, maldito autocorrector, non vos pasa que a veces queredes poñer "Coordinadora do Terceiro Sector de Madrid" e vos corrixe por "Room Mate"?

Agora si, como o levades? Españois, os aplausos das 20h. morreron. Máis ou menos, segue habendo algún tímido aplauso pero polo xeral apenas, debe ser que ao ir pola rúa non se pode aplaudir, vai ti saber. O que si, con esta fase 1 están chegando volvendo sons como o tráfico ou o terraceo.

Pois non sei se lles cadrou de ver que polas mañás, en La 2, están emitindo programación educativa de diferentes materias. Como cambiou o conto, e máis que pode cambiar, porque agora co esto das fases a verdade é que temos material para abordar case todas as asignaturas.

Hai algunhas obvias, Educación Física é a que se leva potenciando desde a fase 0, nunca se estudiara fóra de horas de clase e agora ata os que non teñen clase practicándoa.

En inglés agora sabemos moito máis, sabemos que "decembro" en inglés dise "disease". Ou iso dixo a profe Ayuso.

En matemáticas pois agora imos ter problemas adaptados en plan, se un bus mide 15 metros de longo e 2 e medio de ancho, e a distancia de seguridade son 2 metros, cantas persoas caben? Ou se unha terraza ten 12 mesas de aforo normal, cantas pode ter na fase 1? Dígolles que nalgún caso en vez de dividir debéronse confundir e dobraron. Que iso podería valer para relixión cando o das bodas de Canaán, a milagre da multiplicación das mesas e das sillas.

Por último, unha mensaxe que quero deixar para a cidadanía (e parte do extranxeiro), sentidiño con isto, ou se non en literatura mandaránnos ler "A volta ao confinamento en 80 días".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00