Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
DEPORTES

Continúan a bo ritmo e sen acumular atrasos as obras do Pavillón Dos Remedios

Cun investimento da Xunta cercano aos 2 millóns de euros, continúan a bo ritmo as obras do Pavillón Polideportivo Dos Remedios

As obras do Pavillón Polideportivo Dos Remedios a bo ritmo e sen acumular atrasos / Secretaría Xeral para o Deporte

As obras do Pavillón Polideportivo Dos Remedios a bo ritmo e sen acumular atrasos

Ourense

Debido ao peche da instalación realizáronse cambios nas fases acadando que, a día de hoxe, xa estean rematadas as obras no novo ximnasio e salas de actividades dirixidas, a ampliación do corredor e os enlucidos da piscina de 50 metros, ademais de que as actuacións na piscina de 25 metros xa están concluídas ao 80%.

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, informou que as obras de remodelación do Pavillón Polideportivo dos Remedios, iniciadas o pasado 15 de novembro, ´´ continúan a bo ritmo ser acumular practicamente ningún atraso, a pesares da situación actual´´. Tal e como relatou o mandatario galego, debido o peche da instalación realizáronse cambios nas fases acadando que, a día de hoxe, xa estean rematadas as obras no novo ximnasio e salas de actividades dirixidas, a ampliación do corredor e os enlucidos da piscina de 50 metros, ademais de que as actuacións na piscina de 25 metros xa están concluídas ao 80%.

As obras de remodelación integral do Pavillón dos Remedios son froito dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ourense e están financiadas integramente polo Goberno Galego. Contarán cunha duración aproximada de dez meses. A empresa Construccións Alea foia adxudicataria do contrato cun orzamento de 1.900.449.86 distribuído en dos anulidades, 480. 738,17 euros en 2019 e 1.419.711.69 euros en 2020.

Dentro de esta primeira fase levaranse a cabo as actuacións en piscina de 25 metros demolición de bancada e accesibilidade a vestuarios- e a execuación do novo ximnasio na localización actual, cunha nova planta alta en comunicación coa planta soto. Tamén se executará unha rampla para dar acceso adaptado á cafetería da planta alta e da bancada, así como a instalación dun novo ascensor que comunique as tres plantas. Cómpre destacar outros traballos para novas instalacións de fontanería, saneamento, climatización, contraincendios e electricidade, así como o peche da antiga escaleira de acceso ao soto situada no corredor central.

Remodelación profunda:

O proxecto a acometer é unha remodelación profunda, estética e funcional que actuará sobre diversos aspectos do complexio deportivo desde a entrada principal ata a pista polideportiva. Deste xeito levarase a cabo a renovación da fachada principal ata a pista polideportiva. Desde xeito levarase a cabo a renovación da fachada principal e a fachada cara á Ponte Romana quedando o conxunto cun aspecto renovado e moderno; a modernización da entrada principal e todas as comunicacións á vez que se garante a accesibilidade de minusválidos a todas as instalación; o aranxo de toda a planta de soto con accesibilidade mediante un novo ascensor, a modernización de case 400 m de vestiarios e aseos facendo que sexan accesibles a minusválidos; a construción dunha nova planta de 550 m nunha zona de ximnasio onde se aloxará unha sala nova en planta baixa de sos múltiples e, en planta primeira, unha sala de musculación e outra de actividades dirixidas, múltiples e, en planta primeira, unha sala de musculación e outra de actividades dirixidas, todo accesible mediante un ascensor, cambio de recubrimento de chans e paredes na piscina de 50 metros Rosario Dueñas e  reordenación dos espazos da piscina de 25 metros Pedro Escudero; así  como o aproveitaranse as aguas termais para o atemperamento da climatización e para auga quente sanitaria.

O Complexio Deportivo dos Remedios, inaugurado en 1969, é unha isntalación municipal referente para a vida deportiva, social e cultural de Ourense.

A Secretaría Xeral para o Deporte continúa a súa aposta decidida pola mellora das infraestruturas deportivas da cidade de Ourense despois de inaugurar o pasado 16 de decembro de 2018 a pista cuberta como unha instalación referente do atletismo nacional na que investiu máis de 3, 5 millóns de euros. Ademais A  Secretaría Xeral para o Deporte tamén traballa na creación do novo parque acuático do complexio deportivo de Monterrei no que se prevé un investimento de 9 millóns de euros.

 

En directo

  • Cadena SER

  •  
Programación

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Las noticias en 3 minutos

  •  
Ver todas las Noticias en 3 minutos
Programación

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

2x01 Cualquier tiempo pasado10/07/2024 | 01:15:30

2x01 Cualquier tiempo pasado10/07/2024 | 01:15:30

2x01 Cualquier tiempo pasado10/07/2024 | 01:15:30

2x01 Cualquier tiempo pasado10/07/2024 | 01:15:30

Compartir