Sociedad
Día das Letras Galegas

Queiman e Pousa celebran o "Día das letras Galegas" homenaxeando a Ricardo Carballo Calero, en dous videoclips

Os videoclips estrearanse dende ás redes sociais o sábado 16 e domingo 17 de Maio de 2020

Andrea Pousa durante a gravación do videoclip no río Verdugo / Fran Cortizo

Vigo

A compositora e intérprete Tomiñesa Andrea Pousa e o actor "Bruxo Queiman" desenvolveron dous videoclips na súa filosofía contemporánea e atemporal, reflexando moito do legado que nos deixou o poeta, novelista e ensaista ferrolán Ricardo Carballo Calero.

Andrea Pousa destaca o aspecto inspirador e vanguardista dos videoclips, “Nestes proxectos buscamos darlle un enfoque contemporáneo a un tema clásico como son as Letras Galegas. Queremos que estes videoclips se vexan dentro de 5 anos e sigan sendo actuáis. Para iso fomos moi fieis a esencia da nosa cultura e da nosa paisaxe. Optando por unha posición modernista e clásica.”

"Bruxo Queiman" có respecto a un dos videoclips destaca que “Foi quizáis o intelectual máis relevante da historia do reitegracionismo, que defendeu que o galego e o portugués son en realidade dialectos dunha mesma lingua, polo que el decía que deberían escribirse coas mesmas regras. Cultivou unha relación especial co grupo Xeración Nós, participando na revista, que este ano cumpre 100 anos da súa primeira publicación, na cidade de Ourense. Carballo Calero tamén foi parte do proceso de redacción do Estatuto da Auntonomía para Galicia.”

O primeiro videoclip que se estrea o sábado 16 de Maio de 2020 foi rodado na Ponte Colgante de Soutomaior, participan o actor Bruxo Queiman, onde encarna aos nosos emigrantes que nunca deixaron de crer na nosa cultura e a cantante Andrea Pousa, que interpreta a época actual, unha moza galega que goza da nosa cultura e paisaxe. Este videoclip é máis didáctico onde se observa un pouco máis a unión que defendía Carballo Calero de Galicia e Portugal. Donde tratan de colocar ao espectador nunha época, en dúas realidades no mesmo espazo, pero separadas polo tempo. A fusión do río semella a unión entre Galicia e Portugal.

O segundo videoclip, é totalmente diferente, Andrea Pousa canta dous poemas de Carballo Calero “Futuro Condicional” e “Reticencias” convertidos en canción. A música é do compositor e músico vigués, co que Andrea xa traballara en diferentes proxectos, Sergio Gramary, que adaptou os poemas creando un ambiente diferente e único xunto con Andrea. Os arranxos musicais foron feitos polo músico Carlos Mariño, cun gusto exquisito a hora de introducir os instrumentos e darlle o climax galaico portugués. A música foi gravada no confinamento dende a casa de cada un dos integrantes.

Link da productora QUEIMAN E POUSA > http://www.queimanepousa.com.es/

Link en Facebook da productora QUEIMAN E POUSA > https://www.facebook.com/queimanepousa/

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00