Sociedad | Actualidad

O turismo de Carnota medita pechar no verán

Temores entre un sector turístico local que non quere ser "a porta da entrada do virus" nunha vila envellecida e onde apenas houbo casos

Olga Formoso, preocupación en Carnota

Olga Formoso, preocupación en Carnota

00:28

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1589553752_933472/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Saltan as alarmas no Concello de Carnota. O terceiro concello do país con máis vivendas turísticas baralla facer un peche voluntario en plena tempada alta por mor das dúbidas que xera a "apertura de fronteiras" que se albisca nas próximas semanas. A chegada do mes de maio supuxo a posta en marcha da conta atrás para o comenzo de verán. O das flores acostuma a ser un mes de moito movemento en canto a reservas e a crise do coronavirus ameazaba con converter nun deserto o verán de 2020. Nada máis lonxe da realidade.

A última reunión dos empresarios do concello carnotán constatou a actividade frenética que se está a dar nas reservas dos diversos establecementos turísticos. As listas de espera xa están instauradas en moitos negocios. Un empresario local  describe como "unha auténtica subasta" o que ten vivido nestes últimos días. "Chamáronme por teléfono para preguntar se estaba libre. Cando lle dixen que non, ofreceume o dobre do prezo que ten a casa para quedar con ela". Esta tolemia, que supón un grata nova no eido económico, implica tamén unha gran preocupación no ámbito sanitario.

Olga Formoso, presidenta da Asociación de Empresarios de Carnota, faise eco da inquietude que se respira na vila. Os medos apareceron ao constatar como apenas se rexistraron cancelacións dende a aparición do estado de alarma. Aqueles que tiñan reservado con anterioridade "esperan a última hora a cancelar, se cancelan ao día seguinte tes reservado de novo". Unha dinámica que fai pensar nun concello ateigado de turistas procedentes de lugares onde a incidencia do virus foi moito maior ca na Costa da Morte. 

Ante esa situación, o sector turístico carnotán síntese responsabilizado: non queren ser a porta de entrada a un virus que podería causar estragos. "Se abren cen por cen (as fronteiras) hai moito que traballar para poder facer un control exhaustivo" afirma Formoso. "Somos unha poboación envellecida e sen apenas casos. A xente está relaxada e como entre un caso, correrá como a pólvora". O temor motivou a primeira reunión mantida a semana pasada e nela decidiron darse un prazo de "15 días a ver como evoluciona. Se siguen aumentando casos ou mortos (nas cifras do total do Estado) hai xente que non vai abrir. ¿Estivemos 50 días confinados para coidar dos nosos pais, fillos, etc e agora vou abrir para cargarme iso?". Polo de pronto xa hai un local, en Lira, que comunicou a súa decisión de dar por finalizada a campaña de 2020.

Olga Formoso cree que neste verán o turismo debería darse en clave local. "Sería estupendo que quedasemos con movemento dentro de Galicia, pero se abren hai moito que concienciar. Se un 80% o fai ben, basta que o 20% o faga mal para que xa teñas un problema".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00