Un novo videoclip de Uxía para o Día das Letras Galegas
A cantora fai unha versión con Tanxugueiras e Faia de "A Fala"de Manuel María
Vigo
A cantora Uxía lanzou a estrea do videoclip do poema de Manuel María A Fala xunto co músico Sérgio Tannus. E a forma que ten Uxía de sumarse a campaña do Día das Letras Galegas da plataforma Queremos Galego, querendo apostar polo desconfinamento da lingua.
De feito piden que este domingo 17 de maio, ás 13 horas a xente cante A Fala dende as xanelas e os balcóns. Para este vídeoclip, Uxía contou tamén coa colaboración das voces de Tanxugueiras e Faia. Pero tamén participaron moitas persoas do mundo da cultura como Carlos Blanco, Eladio Santos, Magín Blanco, Rosalía Fernández Rial, Mónica Caamaño ou Tatán Cunha. A Fala foi gravado no auditorio da Casa Museo do autor do poeta en Outeiro de Rei en 2015 no aniversario do seu nacemente, e está recollido no libro-disco que Uxía adica ao gran Manuel María.