Sociedad | Actualidad
Día das Letras Galegas

A resistencia e os desafíos do idioma galego no Día dás Letras

A Xunta admite preocupación polo descenso de galegofalantes entre os máis xóvenes

A Coruña Opina (17/05/2020 Tramo de 13 a 14)

A Coruña Opina (17/05/2020 Tramo de 13 a 14)

55:58

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1589718832_411648/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Coruña

Cunha sinxela ofrenda floral, segundo as restricións fixadas pola normativa do estado de alarma, a Real Academia Galega (RAG), con sede na Coruña, rendeu homenaxe este domingo a Ricardo Carvalho Calero con motivo do Día dás Letras Galegas, ao pé da súa casa en Santiago.

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, a académica Margarita Ledo, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, foron algunhas das personalidades que se achegaron ata a porta da casa na que viviu o intelectual en Santiago de Compostela, na Rúa Carreiro do Conde, para realizar esta ofrenda floral, recitar un dos seus poemas e dedicarlle unhas palabras este domingo.

Para o presidente da RAG, "a lingua é a marca dun país, unha riqueza dá que non sempre somos conscientes". En opinión de Víctor Freixanes, o gran desafío para incrementar o uso do idioma propio de Galicia pasa pola revolución dixital e unha clara vontade política e social. Freixanes participou no programa A Coruña opina de Radio Coruña Cadea SER.

O 51,8% das persoas que residen en Galicia utilizan na súa fala unicamente o galego ou o usan máis que o castelán, segundo cifras achegadas pola Xunta de Galicia. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, admite que ve o futuro do idioma con optimismo pero tamén con cautela. O descenso dos galego falantes entre a mocidade é moi preocupante.

Menos do 5% das sentenzas xudiciais están escritas en galego e a súa presenza na educación infantil só é maioritaria nun 3% na cidade da Coruña. Así o indican as últimas estatísticas do Instituto Galego de Estatística ás que alude A Mesa pola Normalización Lingüística para esixir máis investimento neste capítulo.

24 de cada cen menores de 15 anos aseguran ser incapaces de falar no idioma galego, segundo subliña A Mesa. A Consellería de Cultura pon o acento en que ata o 86% da poboación pode escribir na lingua autóctona de Galicia.

A Real Academia Galega viuse obrigada a reprogramar o seu tradicional pleno do Día dás Letras Galegas e fixouno para o 31 de outubro en Ferrol, a cidade natal de Ricardo Carvalho Calero, en coincidencia cos 110 anos do seu nacemento.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00