Actualidad
CULTURA

Ampliación do prazo do Premio Carlos Casares dotado cun premio de 10.000 euros

A Deputación e a Fundación "Carlos Casares" toman esta decisión pola crise do COVID-19

Carlos Casares / Archivo

Ourense

Por causa da crise do COVID-19 e do estado de alarma, a Deputación de Ourense e a Fundación “Carlos Casares” amplían ata o vindeiro 15 de outubro o prazo de presentación de candidaturas ao Premio “Carlos Casares-Kristina Berg ao talento activo”.

O obxectivo desta iniciativa para recoñecer o talento emerxente dunha persoa e axudar no desenvolvemento dese talento dentro dun proxecto vital interesante e prometedor. O ámbito territorial da convocatoria é Galicia, podendo ser candidato calquera persoa natural ou residente na Comunidade Autónoma de Galicia, que teña demostrado o seu talento previamente nalgunha das áreas de coñecemento, ben cun traballo publicado ou inédito, ben coa realización dunha obra ou iniciativa orixinal, que estea rematada ou en marcha.

O premio ten unha dotación económica de 10.000 euros, que servirán para cubrir calquera gasto que axude ao desenvolvemento da carreira da persoa premiada.

As persoas que desexen concorrer a este premio deberán reunir os seguintes requisitos: ser natural da Comunidade Autónoma de Galicia ou ter residido nela durante a metade da súa formación académica, ou durante un mínimo de tres anos da súa carreira profesional; ter menos de 36 anos; non ter recibido o premio en convocatorias anteriores, e demostrar actividade relevante nalgunha das áreas de coñecemento detalladas na convocatoria. Non poderá concorrer quen teña relación laboral coas institucións convocantes, nin quen interveña na organización do premio, nin os seus familiares, ascendentes, descendentes, conxugues ou parellas de feito, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade de todos os anteriores.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00