Sociedad | Actualidad
CORONAVIRUS COVID 19

O Concello acordará unha ampliación do espazo destinado a veladores

Será concedida "en precario e con carácter excepcional"

Terraza del casco vello / EFE (Brais Lorenzo)

Terraza del casco vello

Ourense

O Concello acordará unha ampliación do espazo destinado a veladores co cumprimento estrito das normas sanitarias e de seguridade. O alcalde advirte que será concedida “en precario e con carácter excepcional”, así como que se pode revocar no caso de incumprimento dos requisitos establecidos, para os establecementos de hostalaría que na actualidade contan coa correspondente licenza.

Explican que o obxectivo da medida é “recuperar, na medida do posible, a actividade económica”. Un dos requisitos fai referencia a que a superficie total destinada á terraza, incluíndo a ampliación, nunca poderá exceder do dobre da superficie inicial, debendo deixar un espazo peonil libre non inferior a dous metros. No caso das prazas públicas, contémplase que a ampliación deberá deixar un espazo para os peóns de polo menos seis metros, aínda que o Concello resérvase a facultade de ditar instrucións específicas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00