Sociedad

"A competencia para regular o acceso ás praias é dos concellos"

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo, lembra en Radio Nordés a competencioa municipal para regular a seguridade nos areais

Entrevista ao conselleiro de turismo Román Rodriguez

Entrevista ao conselleiro de turismo Román Rodriguez

18:52

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1590066450_129814/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, foi protagonista hoxe no Vivindo a Costa da Morte de Radio Nordés. O seu departamento estivo no centro do debate nas últimas horas, logo do ofrecemento feito aos concellos para que regulasen o acceso ás praias mediante códigos QR, tal e como se fai na praia da catedrais.

Román Rodríguez aclarou que dende a consellería "non se quixo impoñer nada, quíxose poñer a disposición dos concellos unha ferramenta tecnolóxica. Foi unha medida mal explicada e peor entendida. Os concellos rexeitárona e son eles os que deben establecer as medidas" lembrou. De feito, quixo destacar que concellos son "os responsables de xestionar os aforos e decidirán o acceso, aforos, usos e mobilidade". Unha competencia que deben asumir nun momento onde na Costa da Morte constantan a falta de efectivos para poder desentrolar con éxito esa tarefa. Preguntado acerca da posibilidade de abrir liñas para favorecer a contratación de axentes que reforcen as policías locais, Román Rodríguez non se mostrou favorable a esa medida. "Isto non pasa por poñer un policía en cada praia, pasa pola responsabilidade individual. Hai axudas para oficinas, persoal de turismo..."

Na reunión mantida onte con representantes da FEGAMP, a Xunta constatou a existencia de diversos sistema para xestionar o acceso aos areais. "Uns queren poñer praias ao servizo dos veciños e outras para os visitantes, poñer entradas, acotar zonas, mercar drons, poñer estacas..."

A idea de establecer praias, ou determinadas superficies de areais, para o desfrute en exclusiva dos veciños é vista con bos ollos en algúns concellos. Rodríguez, ante as dúbidas da legalidade desa medida, confía en que "quen propón iso terá comprobado se é unha medida legal".

Por último, ante os medos suscitados nalgúns concellos coa posibilidade de recibir visitantes procedentes doutras zonas de España máis castigadas polo coronavirus, o conselleiro de Cultura e Turismo mostrouse fconvencido de "primar neste verán unha mobilidade entre iguais (habitantes de territorios en similares situacións epidemiolóxicas)".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00