Últimas noticias Hemeroteca

Viernes, 29 de Mayo de 2020

Otras localidades

Margot Lamela cre que haberá moción de censura

A rexedora ceense considera que o estado de alarma e as eleccións autonómicas obrigarán a pospoñer os plans da oposición

A vila da Xunqueira vive tempos convulsos

A vila da Xunqueira vive tempos convulsos / Cedida

A alcaldesa de Cee, Margot Lamela, pasou polos micrófonos de Radio Nordés para respostar á carta conxunta presentada pola oposición criticando as medidas adoptadas para loitar contra a COVID-19. Lamela aproveitou a ocasión para denunciar o desexo da oposición de presentar unha moción de censura.

"Cando queiran que a presenten, sei cal é a miña posición. Estou segura que a van presentar vendo a súas traxectorias políticas. PP e BNG xa fixeron alcalde a Manuel Castro no 1987 cando o PSOE rozaba a maioría absoluta. No 2001 PP e Ramón Vigo presentaron unha moción de censura contra o PSOE. Ramón Vigo sempre di que o seu maior erro en política foi pactar con Antonio Domínguez". A redacción dun novo PXOM cree Lamela que podería ser o detonante dos desexos de moción de censura, "pero inda non é para agora porque eles como alcaldes nin sequera deixaron os deslindes do concello feitos".

Margot Lamela foi máis alá ao sinalar ao concelleiro de Ciudadanos Juan Ramón Hermida como o candidato alternativo. Segundo a rexedora, o propio concelleiro tería recoñecido en círculos de confianza que PP e IxC xa lle terían ofertado a alcaldía no caso de que apoyase a moción.

A rexedora ceense nega que non se estea a comunicar cos grupos da oposición, explicando que durante o estado de alarma, ao non poder facer reunións presenciai, contactou cos grupos vía telefónica, mediante whatsapp e cunha teleconferencia. A iso engadiu as numerosas comisións que se celebraron con anterioridade ás catro que van ter lugar o vindeiro luns.

Ao respecto das dúbidas expresadas polos grupos da oposición no tocante á seguridade dos métodos de desinfección a empregar, Lamela avalou as decisións adoptadas coas conversas mantidas con expertos na materia. "As delegacións da Xunta, numerosos concellos, policías locais... empregan o ozono".

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?