Sociedad

Pontevedra habilita dous novos aparcamentos disuasorios en Valdecorvos e na Parda

Pontevedra

O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez, anunciou está mañá que Pontevedra incrementará o volume de prazas de aparcadoiro no bordo da cidade co acondicionamento de dúas novas parcelas de titularidade municipal, situadas en Valdecorvos e na Parda. Trátase, no caso de Valdecorvos, dunha parcela situada entre a rúa das Fragas e a rúa Prado Novo, e na Parda da parcela situada detrás da estación do tren, que abranque deste a rúa Otero Pedrayo e ata a rúa Tomás y Valiente.

Hora 14 Pontevedra (28/05/2020)

15:00

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/cadenaser_pontevedra_hora14pontevedra_20200528_141500_143000/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Deste xeito, dáse solución segundo indicou Demetrio Gómez "a unha eiva que afecta á zona leste e sueste da cidade, que ten menos prazas de aparcadoiro de bordo que as que temos nas zonas norte e na oeste".

O concelleiro situou a solución desta eiva no incremento das aproximadamente 2.100 prazas de aparcadoiro existentes ata as 2.500 que se conseguirán ao sumar estas dúas parcelas e puxo en valor que "Pontevedra a día de hoxe conta coa mellor rede de aparcadoiros de bordo que existe en toda Galiza e en todo o Estado". Neste sentido, asegurou que "é a mellor rede tanto polo número de aparcadoiros que existen como polo seu carácter de rede, e que ademais se integra co modelo de mobilidade que ten Pontevedra e pola que acaba de ser premiada na Unión Europea".

Segundo a previsión apuntada por Demetrio Gómez estas dúas novas parcelas, que incorporarán entre 300 e 400 prazas entre ambas, estarán operativas no último trimestre do ano. Explicou que xa se realizaron os primeiros estudos previos, tanto a nivel urbanístico como técnico, que indican que as parcelas poden ser utilizadas para este fin e que a vindeira semana xa se dará paso aos estudos de campo. Isto implica que se comezará coa limpeza das parcelas e se estudarán en profundidade cuestións como o volume de vehículos que pode acoller cada unha ou a ubicación das entradas e o proxecto que precisan.

En canto aos accesos, adiantou que, en principio, se procurará que a pardela da Parda teña a entrada de vehículos pola rúa Otero Pedrayo e que dispoña dunha conexión peonil coa Rúa Tomás y Valiente.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00