Pontevedra terá festas este verán

Pontevedra terá festas este verán
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pontevedra
Serán festas con actuacións simultáneas por toda a cidade e nos barrios. A concelleira de Festas e Dinamización Sociocultural anunciou que este formato compatibilizará a seguridade co lecer e a inxección de recursos no sector cultural pontevedrés.
Habilitaranse máis de 10 escenarios en Monte Porreiro, O Burgo, Barcelos, San Antoniño, Campolongo, Eduardo Pondal, Gafos, Alameda, praza de España ou Ferreiría.
O Concello traballa nunha programación intensa, variada e simultánea en moitos espazos aberto con aforo controlado con medidas de seguridade. Unhas festas, iso si, moi distintas ás que estamos afeitos.
Non faltará a música, as actividades para nenos, e o audiovisual con estilos diferentes para todos o públicos pero centrados en potenciar o sector cultural pontevedrés e galego. Trabállase coas condicións previstas na fase 3, mesmo con alivios.
Por tanto, de momento non se contempla a celebración das verbenas nin que se poden instalar as instalacións de feira. E a primeira fin de semana de setembro chega a Feira Franca, unha festa que se vai a celebrar pero dunha forma totalmente distinta.
Carme da Silva tamén sinalou que este novo formato "supón un esforzo económico moi importante" por canto implica montar máis escenarios e adoptar medidas hixiénicas e de control de aforo, pero que "o importante é que son recursos que se inxectan directamente na economía local, porque estamos falando que van ser unhas festas nas que a inmensa maioría dos grupos sexan de Pontevedra, da contorna ou galegos, e nas que todas as empresas que van traballar en creatividade, montaxe ou produción son todas da zona". Neste sentido, fixo fincapé en que "o esforzo por readaptar a programación dentro deste marco vai supoñer unha inxección de recursos para estas empresas importante", o que sumou á "dinamización do comercio e da hostelaría" que supoñen as festas.
Por último, a concelleira quixo agradecer o enorme esforzo do servizo municipal de Festas e de todo o sector cultural de Pontevedra "no traballo e na colaboración que tiveron co Concello para reprogramar absolutamente todo". Lembrou que a programación do verán se pecha con moitísima antelación e que en marzo, antes de decretarse o estado de alarma, xa estaban practicamente todas as actividades pechadas e que houbo que cambiar todo ante a nova situación.

Ramón Mella
(Pontevedra, 1973) Locutor, redactor y jefe de informativos y deportes en Radio Pontevedra. Máster en...




