Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad | Actualidad
Carnota

Inhabilitados o ex alcalde e a súa man dereita por prevaricación administrativa

Casa consistorial de Carnota / Archivo propio

Casa consistorial de Carnota

A Xustiza acaba de condear aos membros do PP de Carnota José Oreiro e Marisol Piñeiro, alcalde e tenente de alcalde do Concello de Carnota, respectivamente, dende 2007 ata 2011, por un delito de prevaricación administrativa en contratos de traballo asinados durante o seu mandato. Ao facerse firme a sentenza, quedarán inhabilitados para o exercicio de ningún cargo público durante 7 anos.

Malia a enorme dilación do preito (hai máis de 7 anos que se iniciou), o veredicto do Xulgado do Penal da Coruña non pode ser máis contundente: alcalde e tenente de alcalde son responsábeis dunha contratación que non seguiu ningún dos procedementos fixados pola lexislación vixente, como poden ser a transparencia e a publicidade do posto.

O BNG de Carnota, que vén de comunicar esta notificación do xulgado e que exerceu a acusación popular neste preito, non pode -por lei- esixir aos condeados a indemnización compensatoria polo prexuízo causado por este ilícito ás arcas municipais, estimado en máis de 170.000 euros. Por iso, lle pedirá ao actual goberno municipal que recurra o fallo para esixir aos ex-mandatarios populares que restitúan solidariamente o inxente dano económico causado á veciñanza de Carnota, e que eses cartos se destinen a atender as necesidades sociais nun momento que está a ser moi duro para a veciñanza.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00