Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
Coronavirus Covid-19

O Pavillón pecha as súas portas como albergue tras máis de oito semanas ofrecendo teito ás persoas sen fogar

Pontevedra

Despois de que os traballadores de Cruz Vermella acabasen de desinstalar a trintena de camastros que ocuparon as instalacións durante a pandemia da Covid-19, o Pavillón Multiúsos da Xunqueira pechou hoxe as súas portas como albergue despois de máis de oito semanas ofrecendo teito aos máis vulnerables e ás persoas sen fogar.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Paloma Castro, que se achegou a última hora da mañá ata o lugar para supervisar as últimas tarefas de recollida de material, asegura que “a meirande parte dos usuarios foron derivados aos albergues de Calor e Café e Cáritas”,

séndolle asignada unha traballadora social para “seguir os seus casos e aproveitar os avances acadados neste período no que atinxe á adquisición de determinadas rutinas de hixiene e coidado persoal”.

O Concello dispuxo deste servizo de albergue para persoas sen teito practicamente dende o inicio do confinamento e que ambas instalacións chegaron a hospedar a unhas 45 persoas sen fogar durante o estado de alarma. Co peche da infraestrutura asistencial de Raíña da Paz, o do Multiúsos da Xunqueira pasou de ter unha media de 15 usuarios diarios a completar o seu aforo ata as 30 camas que tiña habilitadas ata hoxe.

Ramón Mella

Ramón Mella

(Pontevedra, 1973) Locutor, redactor y jefe de informativos y deportes en Radio Pontevedra. Máster en...

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir