Domingo, 12 de Julio de 2020

Otras localidades

AXUDAS PÚBLICAS

Aberto o prazo para adquirir inmobles no Casco Histórico de Ribadavia

Os interesados en achegar as súas propostas dispoñen ata o 25 de agosto

Vista de Ribadavia

Vista de Ribadavia / Redacción

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, abriu hoxe o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no Casco Histórico de Ribadavia, ao abeiro do Programa Rexurbe. Trátase da segunda vez que se realiza neste concello esta oferta pública, pois a convocatoria de 2019 tamén seleccionou este concello para participar na oferta pública de dito exercicio.

Segundo consta na resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, a Xunta destina 200.000 euros para facerse propietaria de edificios e fincas neste conxunto histórico, co fin de rehabilitalos e ofrecer vivendas en alugueiro ao veciños.

Todos aqueles propietarios que estean interesados en presentar as súas ofertas á Administración galega dispoñen ata o 25 de agosto para achegar as mesmas. Cómpre recordar que a oferta pública do Programa Rexurbe lanzada pola Xunta neste ano ascende a 1,5 M€ para adquirir inmobles na Coruña, Mondoñedo e Ribadavia e da continuidade á realizada en 2018 e 2019, polas cales se adquiriron 37 inmobles nos concellos de Betanzos, Ferrol, Lugo, Ourense, Ribadavia e Tui.

No caso concreto da oferta de 2020, esta está dirixida a ámbitos urbanos dos conxuntos históricos da Coruña, Mondoñedo e Ribadavia, por ser concellos que xa están a traballar -ou están en fase avanzada de elaboración da documentación para a súa declaración- nunha Área Rexurbe, tal e como se recolle na Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

Dentro de cada un dos ámbitos seleccionados establécese como obxectivo actuar preferentemente nas zonas onde exista un maior número de edificacións ou solares en estado de abandono ou semiabandono, procurando concentrar as intervencións para conseguir un maior impacto na rexeneración urbana.

Unha vez adquiridos os inmobles, o Instituto Galego da Vivenda e Solo procederá á súa rehabilitación e as vivendas serán cualificadas como de promoción pública e destinadas ao alugueiro.

Os edificios ou parcelas que se adquiran no marco deste oferta pública deberán reunir uns requisitos mínimos que permitan:

- Que as novas vivendas, froito da actuación, reúnan as condicións óptimas dende o punto de vista do confort e habitabilidade.

- Non deben estar afectados por servidumes ou cargas que podan facer inviable a actuación.

- Que os custos da rehabilitación non resulten desproporcionados.

Segundo as estimacións realizadas polo IGVS, os 1,5 millóns de euros da actual convocatoria permitirán adquirir uns 25 inmobles, para habilitar máis de 50 vivendas.

 

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?