Sociedad
DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Coñezamos a biodiversidade da cidade

O Concello edita unha guía de actividades para as familias

Vista dende Montealegre / Cristina Carballo

Ourense

A Concellería de Educación do Concello de Ourense convida as familias a coñecer mellor e gozar da biodiversidade da cidade con “Ourense ten un tesouro, búscao con Mila e Iago!”. Esta é unha guía de actividades, publicada na páxina web da concellería, con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, que está adicado á Biodiversidade. Nela, as familias poderán acceder a diferentes actividades lúdicas e formativas que deberán realizar, acompañando a dúas personaxes: o rapaz Iago e a súa avoa Mila, nun paseo pola cidade, que lles permitirán coñecer mellor a fauna e a flora típicas de Ourense, e moi especialmente da contorna do río Miño.

A publicación ten como finalidade explicar de forma sinxela que é a biodiversidade e por qué é tan importante conservala. Nesta aventura, aprenderán sobre gaivotas, picapeixes, garzas, cormoráns, espadanas, amieiros, salgueiros ou cerquiños, realizarán pasatempos acerca destas especies, realizarán debuxos e aprenderán a realizar figuras de papel.

Estas actividades formativas levan finalmente a atopar un tesouro: a biodiversidade, que segundo explica a guía “temos que protexer para que tamén ela nos poda proteger a nós”, ao tempo que convida a veciñanza a que non perda a ocasión de “abrir os sentidos á contorna e cando volva pasar polo río, gozar da biodiversidade que os rodea-. O tesouro da natureza está a esperarte”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00