Sociedad | Actualidad
Turismo

Recunchos de Galicia para visitar

¿Realmente coñecemos a nosa comunidade? Da man de coñecidos escritores, médicos, cociñeiros, actores e deportistas, elaboramos unha lista con magníficos lugares para visitar nun verán marcado pola "nova normalidade"

San Vicente do Mar (O Grove) / Cadena SER

San Vicente do Mar (O Grove)

Pontevedra

Non hai mal que por ben non veña. Dado que este ano viaxar ao estranxeiro será menos doado polas limitacións establecidas nos protocolos dos distintos países para evitar a propagación do Covid-19, e ante a necesidade de reactivar a economía de proximidade, estamos ante unha oportunidade magnífica para descubrir lugares de Galicia que non coñecemos e son espectaculares.

En Radio Pontevedra elaboramos unha lista con algúns destes enclaves de Galicia como proposta para visitar este verán. A peculiaridade desta "guía de recunchos de Galicia" é que está elaborada coas recomendacións e vivencias propias de escritores, músicos, deportistas, actores e cociñeiros coñecidos dabondo por toda a sociedade pontevedresa. Agardamos que lles guste:

1- Costa de Ferrol - Pepe Solla

Recunchos de Galicia - Costa de Ferrol - Pepe Solla

01:31

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591372512_550590/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O Chef e Estrela Michelin cóntanos que Galicia está chea de recunchos incribles e marabillosos pero recoñece que para él, a costa de Ferrol, Valdoviño, Doniños e todas as praias da zona son ideais tanto para practicar surf e windsurf como para visitar. Pepe Solla é surfista e sinala que "merece a pena pasar un día nunha desas praias collendo ondas ata esgotar as enerxías e despois ir a calquera bar da contorna e tomar uns percebes cun bo viño. Non hai mellor plan no mundo que este". Como banda sonora recoméndanos calquera canción de 'Balance, Not Simmetry' que están a piques de sacar o novo traballo. O Chef agarda que gocedes deste destino tanto coma él.

2- Allariz - Rodrigo Cota

Recunchos de Galicia - Allariz - Rodrigo Cota

01:32

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591731277_585343/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O escritor pontevedrés recoméndanos Allariz, o lugar que, según a tradición, se vincula coa primeira santa Galega: Santa Mariña de Augas Santas. Neste concello cóntanos que "hai ademáis un forno castrexo, sobre o que se comezou a construir unha igrexa templaria que quedou a medio facer". Tamén nos recomenda un bonito paseo por unha ruta de sendeirismo na que atoparemos o Castro de Armea. Cota engade que no centro do municipio hai sitios dabondo para comer, e convídanos a que bebamos á súa saúde unha cervexa artesá chamada Dama Alaricana. "Un día estupendo para coñecer a nosa cultura e a vida dos nosos devanceiros", sinala o escritor. Como banda sonora para esta viaxe escolle 'Tempo', do grupo Goma 2.

3- A Ulloa, Camiño de Santiago - Carlos Blanco

Recunchos de Galicia - Camiño de Santiago - Carlos Blanco

00:32

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591536724_473524/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O actor da Illa de Arousa tira de retranca para recomendar o interior de Galicia. "Na costa xa somos moitos, así que desfrutade do interior", sinala. Carlos Blanco recoméndanos a Ribeira Sacra, a Serra do Courel e os distintos Camiños de Santiago. Da gastronomía destaca os queixos incríbles da comunidade, en especial os de Arzúa-Ulloa.

4- Valdeorras - César Veloso

Recunchos de Galicia - Valdeorras - César Veloso

02:12

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591536942_506405/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Logo de percorrer Galicia en bicicleta adestrando, Veloso decántase pola comarca de Valdeorras. O cilcista de Vilagarcía recoñece que A Pobra de Trives ou Castro Caldelas son zonas moi tranquilas con partes históricas para visitar. Ademáis resalta que sería un bo punto de partida para pasar varios días e achegarse ós Canóns do Sil, ou a Cabeza de Manzaneda. "As paisaxes son espectaculares", comenta Veloso mentras enumera pequenas aldeas. En canto a gastronomía, destaca as carnes de caza e o peixe de río. Por último recoméndanos tamén a Costa Da Morte, "as dúas zonas son moi virxes e teñen moito que ver". O ciclista acompaña a súa proposta coa canción 'Here I Go Again' do grupo Whitesnake.

5- Costa da Morte - Manuel Manquiña

Recunchos de Galicia - Costa da Morte - Manuel Manquiña

01:44

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591537093_191239/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Precisamente, o actor Manuel Manquiña recolle a testemuña de César Veloso e, partindo de Santiago de Compostela, onde recomenda unha visita monumental da cidade, e pasando por Muros, Carnota e Cee chegar a Fisterra para despois visitar toda a Costa da Morte ata A Coruña. Outra opción que plantexa é, desde Fisterra chegar á Coruña visitando Callón, Malpica, Laxe, Muxía e Camariñas, desfrutando das praias salvaxes con dunas, e da gastronomía mariñeira da zona. "Adicarlle dous ou tres días con calma a este paseo e ver con atención os faros como o de Cabo Vilán é unha Galicia que merece a pena coñecer" é outro consello que nos da Manquiña. Como banda sonora para este percorrido, o actor decántase por 'Jolie Louise' de Daniel Lanois.

6- Illas Cíes e Serra do Barbanza - Ana Peleteiro

Recunchos de Galicia - Illas Cíes e Serra do Barbanza - Ana Peleteiro

00:51

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591537215_688525/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Atleta de Triple salto ribeirense barre para a casa recomendando visitar a súa terra este verán atípico: a comarca do Barbanza. Ademáis céntrase nas Illas Cíes que "son un paraiso". "Poderán disfurtar da natureza, de sitios tranquilos e, sobre todo, da xente, que en Galicia é moi amable e trata moi ben aos que veñen de fóra", engade Peleteiro.

7-  Punta Cabalo (Illa de arousa) - Carmela Silva

Recunchos de Galicia - Punta Cabalo (Illa de arousa) - Carmela Silva

00:50

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591537390_279923/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A presidenta da Deputación de Pontevedra decántase por Punta Cabalo, na Illa de Arousa. "De mañá, de tarde, de noite; no verán ou no inverno, calquera momento é bo para visitar este lugar", sinala Carmela Silva. Pero recomenda desfrutar aquí dun atardecer "polas súas cores malvas marabillosas". Como banda sonora escolle 'Quasi una fantasia' de Beethoven, xa que Punta Cabalo para ela "é case unha fantasía".

8 Corrubedo - Dani Froiz

Recunchos de Galicia - Corrubedo - Dani Froiz

03:25

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591685814_935178/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O productor de cine recoméndanos Corrubedo. Sinala que, a pesar de estar nas Rías Baixas, non é un dos lugares máis elexidos para visitar. Recoñecido polas súas dunas, que hai anos se podían pisar e agora non porque forman parte dun parque natural protexido, Dani Froiz cóntanos que Corrubedo é moito máis: "ten un porto pesqueiro marabilloso, e a arquitectura do pobo está moito máis coidada". En canto á gastronomía destaca que é un dos mellores lugares para desfrutar da comida tradicional mariñeira. Resalta o seu faro, o Monte da Curota (desde onde se poden ver varias Rías de Galicia), as praias do Prado e Ladeira, e dúas lagoas: unha de auga doce e outra de auga salgada. A banda sonora escollida é 'Que dios reparta fuerte' de Novedades Carminha.

9- Aldán - Teresa Portela

Recunchos de Galicia - Aldán - Teresa Portela

00:58

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591715170_743467/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A piragüista galega recoméndanos Aldán, o lugar onde naceu e que lle lembra a súa infancia. De Aldán garda os seus mellores recordos: todo o día na praia acompañada da piragua e dos seus amigos. Portela recoñece que "tanto as praias coma o pobo namóranme e procuro voltar cada vez que podo". Como banda sonora escolle 'Shallow' de Lady Gaga.

10- Cerdedo - Juan José García Cota

Recunchos de Galicia - Cerdedo - Juan José García Cota

02:12

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591715503_106685/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O doutor Cota decántase polo concello de Cerdedo, no interior da provincia de Pontevedra. Recoñece terlle un cariño especial ás parroquias que enumera, unha a unha, desde a súa infancia. Cota está convencido de que "é o lugar do mundo onde máis matices da cor verde existen na paisaxe". Saltar en parapente desde o Monte Seixo e facer sendeirismo polas parroquias do municipio son as actividades que nos recomenda. Os hórreos antigos de pedra, coa madeira deteriorada polo paso do tempo, gardan o encanto do ancestral e do enxebre, da vida dos nosos antepasados. Calquera canción de Elvis podería soar de fondo mentras percorre "unha zona digna de coñecer por todos os amantes da natureza", remata o doutor.

San Vicente do Mar - Iván Montáns (Radio Pontevedra)

Recunchos de Galicia - San Vicente do Mar - Iván Montáns (Radio Pontevedra)

01:59

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591537638_258555/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

E eu, como parte de Radio Pontevedra, propóñolles San Vicente do Mar e a súa contorna no concello do Grove. Comezando polo paseo de táboas desde o Porto Deportivo ata o recinto militar, percorrendo pequenas calas nas que presta darse un baño sen case xente en pleno verán.

Coa opción de subir ao mirador do Monte Siradella desde onde se pode ver parte das rías de Pontevedra e Arousa, así como as illas de A Toxa, Sálvora, Ons e incluso Cíes se está ben despexado, cunha panorámica da Península de O Grove e a maxestuosa Praia da Lanzada. Tamén lles propoño ver un atardecer na Praia das Pipas e perderse, por que non, entre rutas de sendeirismo de monte e mar.

En San Vicente do Mar tamén hai oco para a cultura. Mentres paseamos a carón das bateas da ría de Arousa, podemos contemplar o conxunto escultórico de Punta Moreiras, elaborado pola Escola de Canteiros de Pontevedra.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00