Ana Pontón está "convencida"de que será a primeira muller á fronte da Xunta
A líder do BNG pásase polos micrófonos de Radio Lugo para falar da xestión do COVID-19, o futuro de Galicia e, en concreto, de Lugo

Ana Pontón, "ilusionada e convencida" de ser a primeira muller á fronte da Xunta
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
A líder nacionalista, e candidata á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón, pasábase polos microfonos de Radio Lugo para falar do futuo de Galicia e dos pláns que o BNG leva na carpeta para Lugo e provincia.
Tras presentar candidatura en Lugo, Pontón amósase "ilusionada e convencida" de que "Galiza quere un cambio". Un cambio que, malia os resultados das enquisas, os nacionalistas "senten polo que a xente di pola rúa". Cansos "de quen despreciou a sanidade pública, a educación...chega a hora de poñer fin ó mandato do PP". Pontón confía en ser a primeira muller en capitanear o barco dos galegos e galegas. E malia que non o recoñeza claramente, non esquiva a realidade de ter que buscar acordos coas siglas socialistas para lidera " o cambio".
Pontón insiste en poñer a Galicia na folla de ruta do goberno central. "Problemáticas coma a de Alcoa se fosen en Madrid xa estarían solucionados. Nacionalizar Alcoa é a única situación e é posible. Se non que miren cara Alemaña", explica. Promete loitar contra a desruralización, a prol do ecoloxismo e rematar coa pobreza enerxética.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo




