Sociedad
Cee

Cambia a túa casa sen sair de Cee

A vila da Xunqueira ten unha oferta variada para mudar a decoración da túa vivenda

O comercio en Cee, Copistería Fersi e Sándalo Interiorismo (10/06/2020)

O comercio en Cee, Copistería Fersi e Sándalo Interiorismo (10/06/2020)

12:33

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591801127_727908/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Logo de dous meses de confinamento nas vivendas son moitos os que acabaron fartos de moitos recunchos da súa casa. A intención de cambiar e mellorar diversos espazos é palpable. O comercio de Cee permite afrontar tanto auténticas revolucións coma pequenos cambios que den outro aire aos fogares.

Na Avenida Fernando Blanco 33  podemos visitar Sándalo Interiorismo, unha tenda onde posúen unha completa oferta de todo o necesario para vestir unha casa. Mobles, iluminación, obxectos de decoración, alfombras, colchóns, roupa de cama... Podes incluso pedir unha peza en concreto porque a súa responsable, Anuska Vázquez, é unha experta en rastrexar o mercado ata atopar o obxecto desexado. No facebook tes unha boa mostra da súa oferta e no 981 70 60 62 podes contactar coa tenda.

Na Praza da Constitución está un clásico en Cee: Muebles Casa Lado. Cunha ampla exposición e un catálogo extenso onde poder escoller o moble preciso para o lugar axeitado, Casa Lado é unha referencia obrigada en calquera cambio de decoración que se afronte. Ademáis, a súa completa tenda permite adquirir calquera necesidade para o enxoval da casa. Pese a levar décadas ofrecendo os seus servizos, non quixeron deixar de lado ás novas teconoloxías e dispoñen tamén dunha páxina en facebook (https://www.facebook.com/Ferreter%C3%ADa-Muebler%C3%ADa-Casa-Lado-226956647447140/) na que mostrar as súas mellores ofertas. Rebeca Lado é a súa responsable e o 981 74 51 89 o número co que podes solucionar moitas das túas necesidades.

A cadea Mobelrías ten en Cee un dos seus centros de venta. No lugar de Bazarra, enfrente da gasolineira, está unha das 16 tendas deste potente grupo de decoración. Mobles de todo tipo, dende clásicos ata os máis actuais. Ramón e Manola son os responsables dunha tenda onde ademáis elaboran proxectos decorativos por se prefires deixar en mans expertas o cambio de cara da túa vivenda. No 981 70 65 11 podes contactar con eles e tamén consultar o seu amplo catálogo en www.mobelrias.es

Un poquiño máis abaixo, en dirección á vila, hai unha parada obrigatoria en Maro Decoraciones. Rosa e Maripaz capitanean unha tenda na que fan gala de orixinalidade e bó gusto para poder decorar e completar o aspecto do teu fogar. Artigos de decoración e iluminación, textil para o fogar e moitas posibilidades para sorprender cun regalo moi especial. No 981 74 50 25 podes localizar a uns imprescindibles no mundo da decoración.

Boa parte da nosa vida pasámola en horizontal e por iso contar cun bó colchón é basico para a nosa saúde. En Cee hai unha tenda centrada no descanso e en garantir que o fagamos nas mellores condicións. Colchonería Carrasco, como tenda especializada, asesora ao cliente para que atope o producto máis axeitado ás súas necesidades. As mellores marcas do mercado están dentro da oferta de Argimiro Manuel Castiñeira. 881 98 57 75 é o número que te dará acceso ao máis reparador descanso e no facebook https://www.facebook.com/Colchoner%C3%ADa-Carrasco-100345091316655 podes comprobalo.

Outras ofertas

No noso percorrido de hoxe tamén tivemos ocasión de pasar por outra tenda doutro sector. Salvo que queiramos decorar a nosa oficina, que é posible, en Fersi non imos atopar mobles. Fersi é unha tenda con todo tipo de material de oficina e escolar, libros de texto e literatura variada, servizo de copistería e reprografía. María Luisa Caamaño é a súa dona e sempre está disposta a atendernos cun sorriso. Pódese contactar con eles no 981 74 72 93 e tamén consultar as súas últimas novidades no facebook https://www.facebook.com/copifersi/

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00