Martes, 07 de Julio de 2020

Otras localidades

CONCILIACIÓN LABORAL

Chega o programa 'Concilia Verán' con actividades para xullo e agosto

Estarán dirixidas a escolares de 5 a 12 anos

Nenos e nenas xogando no patio do CEIP O Couto (Rampa de Sas)

Nenos e nenas xogando no patio do CEIP O Couto (Rampa de Sas) / Colegio CEIP O Couto

A Concellería de Educación abre este luns o prazo para anotarse no Concilia Verán 2020, que desenvolverá un programa de actividades durante os meses de xullo e de agosto para os nacidos desde 2008 até 2014 -de 6º de Educación Infantil até 6º de Primaria.

A inscrición e a matriculación realizarase de forma telemática a partir deste luns, 15 de xuño, ás 9:00 horas, e até o domingo 21 ás 24:00 horas a través da web www.educacionourense.es. Unha vez admitidos o prazo para formalizar a matrícula será do 23 ao 26 de xuño.

As actividades do programa estarán orientadas á consecución de hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia, a promover a igualdade de xénero e o respecto ao medio ambiente, e ademais de actividades lúdicas haberá reforzo educativo de matemáticas, lingua e idiomas. As persoas con necesidades educativas especiais (NEE) recibirán atención personalizada.

Nos centros escolares, un total de 13,  en horario de 8:30 a 14.30 horas, as actividades estarán dirixidas a escolares de 5 a 12 anos (6º de Educación Infantil, rematado este ano, até 6º de Educación Primaria). Na Aula da Natureza do río Miño, en Oira, traballarase de 8:30 a 13:30 horas, e só se admitirá alumnado de Primaria.

Terán preferencia os rapaces/as de pais e nais que estean en activo, e aqueles que estean empadroados no Concello de Ourense. As familias deberán seleccionar o colexio mais próximo ao seu domicilio e deberán seguir os protocolos da COVID19.

O programa do Concilia Verán desenvolverase nos seguintes CEIPs: O Couto, Manuel Luís Acuña, Vistahermosa, Irmáns Villar, Amadeo Rodríguez Barroso, Inmaculada, As Mercedes, Mariñamansa, Seixalbo, Albino Núñez, Prácticas, A Ponte e Covadonga-Eiroás.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?