Viernes, 03 de Julio de 2020

Otras localidades

Alcoa

As 5 verdades e as 5 mentiras de Alcoa, por ADEGA

A Asocación pola Defensa Ecolóxica de Galicia presenta un estudo no que reciminan o ter deixado morrer "ós sectores estratéxicos para A Mariña"

Trabajadores de la planta de aluminio de San Cibrao

Trabajadores de la planta de aluminio de San Cibrao / EUROPA PRESS

O futuro de Alcoa preocupa.¿Como non vai preocupar? En xogo está o futuro laboral de máis de cincocentas familias e do principal sustento económico de A Mariña. Mais non todo o que reloce é ouro. Ou así o analizan dende ADEGA, a Asocación pola Defensa Ecolóxica de Galicia, no seu informe "Las cinco verdades y las cinco mentiras de Alcoa".

Froián Pallín, secretario da asociación, divide as verdades nos seguintes ítems:

  1. Os traballadores de Alcoa non deben pagar os costes da situación actual.
  2. Alcoa debe de pagar a débeda ecolóxica antes de marchar. Insisten dende ADEGA que hai "miles de toneladas de residuos acumulados no balsa de lodos", explica Pallín.
  3. A balsa de lodos non cumpre cos parámetros ambentais e de seguridade. Pallín cre que Feijóo é "un xeio, nunca fai nada e a culpa sempre é dos demais", subliña. Recrimina a falta de seguimento deste balsa e que sexa a propia empresa a que fai o seguimento da mesma. "Non é unha amenaza, pero que tomen nota porque detrás disto hai un delito  ecolóxico".
  4. Nin a Xunta nin o Estado son quen de chegar a unha solución de futuro. "Hai que traballar sobre as alternativas se queremos atopar solucións". Lamenta que en A Mariña se deixase morrer ós sectores estratéxicos coma a pesca.
  5. O aluminio pode ser "perfectamente" o sustento de futuro para A Mariña, pero "haberá que introducir a reciclaxe".

Sobre a realidade de Alcoa espállanse cinco mentiras sobre as que ADEGA refelxiona:

  1. Se se baixase o prezo da enerxía Alco ficaría en Galicia. A multinacional "xa dixo que marcharía ainda que o prezo da luz fose cero".
  2. A factoría de San Cibrao é competitiva. O modelo de traballo é "altamente ineficiente". Pallín considera que ALcoa debera buscar fórmulas que lle permiitisen reinventarse.
  3. O Estado non investiu o suficiente en Alcoa. O investimento que se realizau na multinacional non se investíu noutros sectores. "Deixouse desaparecer o sector de transformación da madeira", denuncian que se avogue pola produccióin uúnica e rápida coma o de eucaiptos. Apoiar outros sectore simplicaría ter unha opción de viabilidade a longo prazo " e non meter cartos e pechar en dous anos".
  4. Alcoa representa máis do 5% do PIB de Lugo.
  5. Alcoa é estratéxica para o pais.
Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?