Viernes, 10 de Julio de 2020

Otras localidades

Cee

Especial publicidad

Alimentando corpo e espíritu

Variedade de ofertas, múltiples posibilidades en sectores como as lavanderías

As posibilidades no comercio ceense son amplas. Se en anteriores paseos polas súas rúas puidemos comprobar as diferentes opcións existentes nalgúns sectores, hoxe imos comprobar como se pode ter unha grata experiencia para "cultivar corpo e alma"

Cultura

Os libros sempre son necesarios, tanto para os momentos de ocio como para ampliar os nosos horizontes de coñecemento. En Cee hai unha visita obrigada a Ler Librerías. Na súa nova ubicación, no primeiro tramo da Avenida Fernando Blanco, Marcela Riera pode asesorarnos sobre as últimas novelas do mercado ou dirixirnos na busca dun regalo especial. Ademáis os cativos teñen un enorme catálogo de libros, xogos didácticos, ademáis de material esoclar ou úitles para manualidades. No 881 10 97 38 podedes facer as vosas consultas.

Na beirarrúa de enfrente podemos visitar a Margarita Fuentes. Ela está á fronte do emblemático Foto Fuentes, un establecemento onde poderedes desfrutar da beleza das imaxes que deixa a nosa bisbarra ao alcance do zoom das súas cámaras de fotos. O revelado de fotos xa non acada o volume de hai anos, pero a ampla oferta de obsequios personalizados pode ser un aliado para facer un regalo moi especial. E por suposto, levan anos sendo unha referencia para vodas, bautizos, comunións ou calquera clase de acto social. 981 74 51 23 é a chave do éxito para as túas fotos.

Lavanderías

Moito paseamos por tendas de roupa e demáis, pero é fundamental ter de man tamén unha lavandería que nos deixe as nosas prendas como o primeiro día. En Cee hai diversas opcións para poder facelo.

Saíndo de Cee en dirección a Muros podemos quedar tranquilos deixando a limpeza en mans da Tintorería Clean & Clean. Traxes de festa, roupa delicada, traxes de noiva, peles, alfombras, ropua de cama... nada se lles resiste. No 981 74 67 23 poderás ter máis información sobre o seu traballo.

Nos últimos tempos veñen de poñerse de moda as lavanderías autoservizo. Grandes coladas, mantas ou edredóns de gran tamaño... a necesidade de lavar prendas grandes que non collen nas lavadoras das casas xa non é un problema. Na Lavandería de Julia poñen a súa infraestructura, además de deterxente e suavizante, para que poidas marchar coa túa roupa limpa. Para amenizar a espera, teñen wifi, zona infantil e máquina de café. Están situados na rúa Castelao 5 e ademáis podes conultar seu facebook www.facebook.com/lalavanderiadejulia

Unha opción similar está á saida da vila, subindo cara a gasolineira. na Avenida de Fisterra,  Wash Up ofrece gran maquinaria para que poidas lavar calquera cousa por grande que sexa. Ofrecen tamén un servizo de secado ultrarrápido e en https://www.facebook.com/Wash-up-Cee-Lavanderia-Autoservicio-938634192920680/

Outro autoservizo en Cee ofreceo Colada por Ti. Na rúa Ourense3, enfronte ás oficinas de Correos, ofrecen un servizo rápido e lavadoras de 14 e 19 kilos. Roupa limpa en 30 minutos e seca en pouco más de 20. Para que a espera non se faga longa hai zona infantil e wifi. https://www.facebook.com/Colada-por-ti-1681633588827988/ é o facebook do establecemento.

Hostalería

A oferta hostaleira é abundante e por iso imos ir aos poucos. Hoxe conversamos con José Luis Atán, propietario do A Brasa que atopamos na entrada de Cee, cera do polígono industrial. Peixes e carnes á brasa e medidas hixiénicas estrictas son dous alicientes para que pousemos alí a desfrutar da boa mesa. No 981 74 61 70 podedes efectuar as vosas reservas.

Se preferides apostar pola cociña italiana, en Cee é unha referencia A Toscana. Deliciosas pizzas, comida do país trasalpino e un menú do día moi económico. Para un servizo máis rápido podedes facer o voso encargo no 981 74 59 20 e comprobar o seu facer no seu facebook.

Para un tentempé, unha das opcións máis populares acostuma a ser O Atrio. Ao carón da igrexa parroquial podemos degustar as tapas máis clásicas (tortilla, calamares, chourizos ao viño...), bocadillos, hamburguesas... todo listo para que o leves a casa se o prefires. Os encargos fanse chamando ao 678 05 49 05, inda que sempre é unha boa opción sentar na súa terraza. 

E falando de terrazas, quenes teñen unha ben tranquila á sombra das árbores son os de O Encontro. Detrás do Mercado e ao carón do Centro Comercial, este local ofrece completos almorzos, cócteles, cafés especiais ademáis dos habituais bocadillos e hamburguesas. 981 74 69 85 é o teléfono de contacto.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?