Viernes, 10 de Julio de 2020

Otras localidades

Especial publicidad

Rutas de compras de todo tipo

Unha visita a Cee nos permite visitar negocios de diversos sectores

Para renovar o armario ou para redecorar a nosa casa xa temos claro que Cee é unha visita obrigada. Agora ben, a oferta comercial da vila permite poder facer compras noutros moitos sectores.

A nosa ruta de hoxe comenza en Cee Viajes, na avenida Fernando Blanco 42, porque unhas vacacións sempre son necesarias para poder recargar as pilas. María José Gómez é a responsable dun negocio que xa está a pleno funcionamento e onde podemos deseñar tanto longas estancias coma pequenas escapadas. No 981 74 66 29 podemos facer o primeiro contacto e gozar dun descanso logo dun ano tan axetreado.

Cambiando de ámbito, a tecnoloxía ven de facerse indispensable nas nosas casas. Por iso Milar converteuse nunha referencia á hora de mercar electrodomésticos ou productos de tecnoloxía. Dende o seu propio escaparate a carón do Mercado municipal, podemos comprobar a enorme oferta de pequeno e gran electrodoméstico, telefonía, informática, televisores, productos multimedia... Hai un amplo catálogo para escoller e mercar coa comodidade do seu servizo a domicilio. O seu contacto é o 981 70 63 04.

Logo de tantas visitas á tendas de roupa e zapatarías para poder lucir o noso mellor aspecto, nada mellor que completar a renovación de imaxe que cunha visita á Joyería Teresa. En Alvarellos Berrocal 7B comprobamos as múltiples opcións que temos para poder mercar aneis, colgantes, pulseiras, etc así como unha ampla gama de reloxios, dende os máis económicos aos máis distinguidos. O 981 74 72 18 é o seu teléfono.

Hostalería

Logo de tanta compra sempre procuramos tomar alento nalgún dos locais de hostalería existentes en Cee.  Na Avenida Fernando Blanco 26 sitúiase A Marina, un local mítico en Cee que ven de emprender unha nova etapa hai dous anos cunha renovación total. Patricia Soto encabeza un proxecto que engloba unha oferta gastronómica orixinal, unha vinoteca completa e un servizo de hotel adaptado ás novas circunstancias orixinadas pola COVID-19. 32 novas habitacións con tódalas comodidades para gozar dunha estancia agradable enpleno centro de Cee. No 981 74 73 81 podemos facer reservas ou demandar máis información.

Case enfrente, na rúa Santiago de Compostela 10, temos a oportunidade de visitar O Parrulo. Un pequeno pero curioso establecemento onde poder desfrutar dun viño e un petisco. Cafés, viños, cervexas, infusións e tamén a posibilidade de gozar dun bó almorzo, nun local tranquilo e sen estridencias. Para contactar con O Parrulo podes recurrir ao 881 98 26 28.

Non lonxe de alí, no Centro Comercial, podemos facer unha parada para repoñer forzas no Ka-Mi. No seu local podemos comprobar como o concepto comida rápida e calidade poden ir da man. Hamburguesas ou pratos combinados son algunhas das ofertas para poder comer ou cear cando non podemos botar moito tempo á mesa. E por suposto, almorzos, cafés ou bolería tamén están na súa carta.

Outra opción ben diferente atopamos no Restaurante Mesón O Gallego, na rúa Rosalía de Castro 33. Facendo honor a seu nome, a cociña da terra é o seu estandarte e comidas tan nosas coma o cocico, callos ou churrasco adquiren o rango de delicatessen. No 981 74 83 98 podemos reservar mesa, encargar menús ou organizar unha comida en grupo.

 

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?