O Concello mellorará as instalacións do campo de fútbol de Velle
O Concello mellorará as instalacións do campo de futbol de Velle con medio millón de euros de investimento

As obras consistirán na reforma dos vestiarios, que se licitarán este ano e da iluminación e colocación de novas gradas en 2021 / Concello de Ourense

Ourense
As obras consistirán na reforma dos vestiarios que se licitarán este ano e da iluminación e colocación de novas gradas en 2021.
O alcalde visitou o recinto deportivo acompañado pola a presidenta do Club Deportivo Velle.
O Concello de Ourense destinará un investimento de medio millón de euros á mellora das instalacións do campo de fútbol de Velle. Así llo anunciou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a presidenta do Club Deportivo Velle, nunha visita ás instalacións, nas que tomu coñecemento das carencoas que presenta o campo actual coa finalidade de buscarlles solución e poñer en valor este equipamento deportivo.
O investimento realizarase en 2 fases. A primeira consistirá na reforma dos vestiarios e da fontanería, para que o Concello destinará unha achega económica de 160.00 euros. Na actualidade, estase a tramitar a modificación de crédito que permitirá realizar este investimento, coa previsión de licitar as obras no presente ano 2020.
O segundo investimento consistirá na reforma da iluminación e a instalación de novas gradas, de estrutura lixeira, que se emprazarán na zona contraria á que se atopan as gradas físicas actuais, que teñen un emprazamento pouco axeitado, nunha zona onda dá o sol con intensidade.
As novas gradas na zona contarria, permitirán mellorar as condicións de desfrute do espectáculo por parte do público, xa que disporán de sombra. Este proxecto suporá un investimento de 340.00 euros, que se levará a cabo o próximo ano 2021.




