Viernes, 10 de Julio de 2020

Otras localidades

Cee

Especial publicidad

A artesanía ten o seu espazo en Cee

Informática e agro e xardín ofrecen tamén moitas posibilidades aos consumidores

O percorrido de hoxe vai ser moi heteroxeneo. Sectores diferentes para dar respostas reais aos veciños da bisbarra, porque Cee é punto de encontro de moitos concellos.

Comercial Agrícola Benedicto é un lugar imprescindible para os amantes do agro, das mascotas ou da xardinería. Abonos, fertilizantes, animais de compañía, sementes, ferramentas... un universo de productos para cubrir todas as necesidades. Na rúa Diego de Muros, detrás de Abanca, podedes visitar as súas instalacións, ou ben resolver as dúbidas chamando ao 981 70 62 05.

Non é a única posibilidade que temos para achegarnos ao sector agrario. Detrás do Centro Comercial, Agrocee ofrece sementes, alimentación, ferramentas, fertilizantes, etc. Todo o preciso para calquera necesidade no campo ou xardín. Ademáis en Agrocee tamén podemos mercar as mellores patacas do país. Están activos nas redes sociais en www.facebook.com/agrocee e atenden no 981 70 64 54.

E dende logo, a falta de opcións para obter estos servizos non vai ser un problema en Cee, porque tamén podemos recurrir a Os Cancela de Bustelo. Con selo de Labralia, un puxante negocio en Bustelo dou o seu salto a Cee con éxito. No lugar de Bazarra, antes da gasolineira, tamén podemos mercar ferramentas, sementes, piensos e todo tipo de material para agro e xardín. O seu teléfono é o 981 74 61 56

Artesanía

Durante o confinamento foron moitos os que se botaron a realizar manualidades para pasar o tempo. Unha das opcións preferidas foi a calceta e o ganchillo. Para quenes continúen co entretemento, ou para os e as que queiran deseñar as súas propias pezas, O Recuncho das Lás é de visita obrigada. Na Avenida Fernando Blanco 46 podemos mercar lás ou recibir clases de calceta ou ganchillo, pero tamén deseñar as nosas propias prendas e solicitalas por encargo. Calidade co selo de Artesanía de Galicia. As súas creacións pódense desfrutar en www.orecunchodaslas.es e contactar no 981 70 62 50.

Seguindo con artesáns, preto da praza da Constitución, en Rosalía de Castro 6, Rueca ofrece clases e productos de algo moi noso: encaixe de bolillos e punto de cruz. Deseñan e elaboran encaixes tradicionais a man e explican os segredos dun arte con forte arraigo na Costa da Morte. Dispoñen de todo o material necesario e ademáis tamén dominan a técnica do bordado. 627 787 427 é o teléfono de contacto para coñecer máis sobre o seu bo facer.

Informática

A sociedade actual xa non se entende sen o acceso a internet e a informatización. Afortunadamente Cee ofrece un amplo abano de opcións para mercar equipos, adquirir formación ou adentrarse nun mundo apaixoante.

Na praza da Constitución temos a opción de UPI. Unha tenda na que se encargan tanto do mantemento e reparación de equipos como da formación. Proporcionan todo tipo de material informático e tamén crean páxinas web. En www.upiinformatica.com podemos contemplar todo o seu catálogo e no 981 981 74 58 17 solventar calquera dúbida ou requerir os seus servizos.

Na rúa da Escola 14 está situado un clásico coma Inforneria. Ofrecen servizo de venta e reparación de equipos e están involucrados na docencia dende hai moitos anos. Alí podemos obter todo tipo de compoñentes e periféricos, así como mercar calquera equipo informático. No 981 74 75 64 obteremos solucións rápidas aos nosos problemas.

Un servizo similar tamén podemos obter en Simu. Na Avenida Fernando Blanco 95, rumbo a Camiños Chans, en Simu ofrecen servizos informáticos e de hosting. Amplían o seu abano de servizos engadindo a posibilidade de realizar envíos de mensaxería urxente. Para recurrir a eles, podemos contactar no 881 98 20 88.

Hostalería

E por suposto, coma sempre as nosas compras rematan refrescándonos nalgún dos múltiples locais de restauración que hai na vila. A primeira parada lévanos A Estación. Pode parecer que acudir á cafetería da estación de autobuses non é nada especial, pero cando se proban os seus bocadillos, platos combinados ou menús, a cousa cambia. Ademáis podemos solucionar a comida do día encargando un exquisito polo asado no 981  74 61 47.

Precisamente unha comida ou cea espectacular é o que podemos desfrutar collendo o coche e saíndo do casco urbano. En Pereiriña saben convertir algo moi simple en especial. Eso define a aposta de O Cruceiro: dous estandartes da nosa cociña coma o pulpo e o churrasco son preparados de xeito maxistral neste restaurante. Productos que podedes desfrutar no seu comedor ou ben optar por saborealos na casa. Os teus pedidos os atenden no 670 61 66 59.

Nun dos recunchos máis deliciosos na bisbarra, Lires, podemos repoñer forzas pernoctando nun lugar especial, onde cada detalle semella pensado para facer a nosa estadía máis agradable. En LiresCa, gozaremos dun restaurante e casa de turismo rural con tódalas comodidades. As súas modernas habitacións teñen unhas espectaculares vistas á ría de Lires. A refinada cociña é o complemento ideal para unha estancia perfecta. "Cociña de aldea" é a mellor definición para unha aposta polo produto local e fresco tanto do mar como da terra. Logo dun reparador descanso nas súas habitacións, nada mellor que almorzar con pan de forno de leña, marmeladas e meles artesás ou doces elaborados na súa cociña. En www.liresca.com ou no 661 46 43 45 podes reservar xa para vivir unha experiencia única.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?