Viernes, 03 de Julio de 2020

Otras localidades

Muxia

O Parador queima o meigallo e abre as súas portas cargado de esperanza

Todos os traballadores do Parador no momento da apertura

Todos os traballadores do Parador no momento da apertura / Archivo propio

Dezasete anos teñen pasado dende que o goberno estatal se comprometeu a crear un complexo hosteleiro de estas características na nosa bisbarra, para compensar dalgunha forma o dano causado polo Prestige. Así nacía o proxecto do Parador de Lourido, que neste mes de abril tivo que adíar a súa apertura por outro golpe de mala sorte, a chegada da pandemia.

Pero co San Xoán xa pasado, e co meigallo queimado, parece que toda esa mala sorte que rondaba polo entorno xa é cousa do pasado. Así o amosaban as caras de ledicia dos traballadores e clientes na apertura de portas deste histórico xoves 25 de xuño. Foi as dez da mañá cando un matrimonio vigués se convertía no primeiro en pasar por recepción e facer o check in.

Alí recibiron unha grata sorpresa xa que os esperaban todos os traballadores do parador xunto ao director, Julio Castro Marcote, e unha chea de xornalistas e cámaras. O xerente lles fixo entrega duns diplomas e unhas cartas náuticas en homenaxe aos primeiros clientes.

Lucas Ocampos e María Pena, como así se chaman, manifestaron estar namorados de toda a bisbarra e desvelaron que, aínda que como amigos de Paradores xa coñecen varios establecementos, o de Muxía é diferente a todo o que viron antes. "É incrible como está integrado no entorno, é xusto o que buscabamos", dixo o home.

Julio Castro, que tamén lle entregou un diploma a modo de premio ao xefe de mantemento, o primeiro empregado do complexo, resaltou sorprendido a gran acollida que está a ter en canto a reservas: "Temos xullo e agosto completos e setembro a un 91%, case todo de turismo nacional do que a maioría é de Madrid, xa que onde máis sufriron o confinamento é onde buscan agora lugares naturais como este".

O director explicou tamén que estes primeiros meses van a verse cambios no deseño das zonas comúns debido a obriga de distanciamento social.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?