Sociedad
Cee

Viste con estilo propio, ven a Cee

Xa non é preciso facer quilómetros para lucir o mellor "outfit"

O comercio local en Cee, Pura Vida e Cabo Sport (29/06/2020)

O comercio local en Cee, Pura Vida e Cabo Sport (29/06/2020)

14:03

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1593611888_713766/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Hai anos era tradición ter que acudir ás cidades para facerse coa última moda tanto masculina como feminina. A día de hoxe non é preciso gastar cartos e tempo en desprazarse. En Cee podemos atopar calidade e elegancia en moitas das súas tendas de roupa

A ruta de hoxe ímola comenzar en Pura Vida. un moderno local situado na Avenida Fernando Blanco 34 e no que temos ao noso alcance a mellor moda xuvenil. Roupa, complementos, calzado... Pura Vida ofrece moitas posibilidades e moitas das mellores marcas. Teñlen gran actividade nas redes sociais, con presenza en www.facebook.com/puravidacee tamén en www.instagram.com/puravidacee e na web www.puravida.es. Para os máis tradicionais, atoparédelos no 881 98 33 94

Fronte ao Mercado Municipal, parada obrigada é Cabo Sport, unha tenda que vai máis aló dun espazo adicado ao deporte. En Cabo Sport poderémonos equipar para a práctica deportiva, pero tamén mercar ropupa sport, así como acceder a un amplísimo catálogo de calzado, tanto para vestir como para competir. Moitas das súas mellores ofertas as podemos coñecer a través de www.instagram.com/cabosportmoda As nosas dúbidas as atenden no 981 74 06 71

Históricamente, unha das paradas en Cee sempre é Florentino. A elegancia e distinción do seu catálogo (camisas, pantalóns, traxes e roupa para grandes eventos) vese complementada coa oferta de roupa xuvenil das mellores marcas. No seu escaparate podemos atopar tamén tanto calzado cómodo como zapatos para citas formais, ademáis de complementos e roupa interior. En Avenida Fernando Blanco 19, e no 981 74 51 24 tedes unha cita ineludible. 

Continuando pola Avenida Fernando Blanco, outra referencia á hora de comprar é Rosa Lamela. Un espazo onde poder vestir coas mellores galas (se buscas lucir espectácular nalgún evento) ou onde poder escoller entre a mellor roupa "casual". Dispoñen dunha tenda on line na que poder contemplar o seu variado catálogo de propostas (www.rosalamela.com) e no 981 74 51 10 resolverás calquera cuestión co seu amable persoal.

Complementos

Logo de vestirnos da mellor maneira, chega o momento de culminar o traballo cos complementos. Sen sair da Avenida de fernando Blanco, cerca da "praza das palmeiras", atopamos a Carrusel. Un espazo no que atopar reglaos para home ou muller, bisutería, bolsos, pulseiras, carteiras, reloxios... un universo adicado ao 2pequeno reglao". Ademáis tamé detalles coma tazas, cintos, paraugas e tamén peluches ou figuriñas de animación para os máis pequenos. Se tes dúbidas sobre a disponibilidade dalgúns obxecto que sexa do teu interés, podes resolvelas no 981 74 50 96

Nos últimos anos, as gafas convertéronse nun elemento de expresión de moda. Xa non levamos unhas gafas calquera, buscamos gafas que cvombinen, que nos definan. En cee hai moitas alternativas para ter a mellor visión e lucilas do mellor xeito.

Na Avenida fernando Blanco 25, Federópticos Ollo leva dende 1981 coidando da nosa vista. Son especialistas en progresivos, ofrecendo os mellor producto e asesoramento. Ademáis veñen de ampliar o seu abano de servicios atendendo tamén aos problemas de audición. atenden as túas necesidades no 981 74 62 02

Na mesma rúa podemos atopar tamén a óptica da cadea Alain Afflelou. Alí poderemos graduar a vista ou mercar lentillas e gafas de sol, tanto das mellores marcas como das máis económicas. No 981 70 61 50 podesdes contactar con eles e en www.afflelou.es consultar a súa ampala gama de produtos.

Na rúa Lino Rodríguez Madero, ao carón do Mercado, atopamos a Opticalia. Con eles poderemos graduar a visión, adquirir lentes de contacto ou progresivos así como comprobar a tensión ocular. Podemos lucir as monturas das mellores marcas e realizar consultas no 981 74 56 41. Tamén en www.opticalia.es pódese desfrutar do seu catálogo.

Hostalería

No medio na nosa ruta achegámonos a O Xardín, en Avenida Fernando Blanco, onde podemos desfrutar de bebidas tanto frías como quentes.

Se o que buscamos é comer ou cear. podemos achegarnos ao Bar Toba, na parroquia no mesmo nome. Especializados en carnes á brasa, son famosas as súas táboas con tortilla, churrasco, polbo... Ademáis ofrecen un completo menú do día. Os encargos cóllenos no 981 74 53 56.

Se se fai tarde, a opción de pernoctar no Hostal Pereiriña non a debemos esquecer. En Pereiriña, no cruce da estrada cara Lires, este establecemento ofrece praias cercanas, habitacións totalmente equipadas e con wifi. As reservas podédelas facer no 981 74 80 05.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00