A Fundación Repsol e a Xunta convocan o Premio Narrativa Breve Repsol en galego
A novela gañadora opta a un premio de 12.000 euros, ademáis da publicación da mesma a través da editorial Galaxia
A Coruña
A Fundación Repsol e a Xunta de Galicia convocan a décimo cuarta edición do Premio Narrativa Breve Repsol en galego. Un dos premios consolidados xa dentro do panorama literario da nosa comunidade.
O prazo de presentación de novelas orixinais #ante a Fundación Repsol estará aberto ata o 31 de xullo. A novela gañadora opta a un premio de 12.000 euros, ademais da publicación da mesma a través da editorial Galaxia.
O xurado, informaron os seus responsables, estará conformado por unha persoa representante da Consellería de Cultura e outra da Fundación Repsol, así como por integrantes da Real Academia Galega, da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Editorial Galaxia.
Desde a súa creación en 2006, este premio reuniu xa a presentación de case 400 obras orixinais. Na última edición de 2019 o poeta Gonzalo Hermo foi galardoado pola súa novela Diario dun Eterno.
O Premio Narrativa Breve Repsol foi creado epor a refinería de Repsol na Coruña e pola Fundación Repsol desde 2010, e está convocado en colaboración coa Xunta de Galicia. Conta, desde o inicio, co apoio da Real Academia Galega e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como da Editorial Galaxia.
O obxectivo desta iniciativa cultural é "impulsar e reforzar" a creación de literatura en lingua galega, ademais de ser unha vía de promoción para escritores noveis. O galardón, xa consolidado, favorece desde a súa creación a dinamización da literatura escrita en galego. Proba diso son as preto de 400 obras presentadas desde entón e as 13 gañadoras publicadas pola Editorial Galaxia.