Domingo, 09 de Agosto de 2020

Otras localidades

Especial publicidad

Comercio de Cee, comercio con clase

Na vila da Xunqueira atopamos produtos de primeira calidade sen precisar facer quilómetros innecesarios

Os tempos de coller o coche e desprazarse para poder acceder a produtos de primeira calidade forman parte do pasado. En Cee temos a opción de comprar en tendas que serían a envexa doutras ubicadas en cilas máis grandes.

Unha das paradas habituais está nas Zapaterías Yolanda, unha cadea que ten varias tendas na bisbarra e que en Cee posúe dos locais na Avenida de Fernando Blanco 12 e 42. Na primeira delas podemos atopar o mellor calzado para home e muller, coas mellores referencias, complementos, calzado sport... No número 42 Zapaterías Yolanda ten un outlet con ofertas que merece a pena non deixar pasar. Ademáis da venda presencial, tamén traballan o comercio on line en www.zapateriasyolanda.com, tendo actividade tamén en Twitter, Facebook e Instagram. O teléfono da tenda é o 981 70 64 80 e o do outlet o 981 74 67 78

Na beirarrúa en enfronte, en Avenida Fernando Blanco 11, atopamos a Zapatería Versalles. Unha chamativa tenda de zapatos decorada con gusto refinado. As mellores marcas e zapatos para todo tipo de ocasións forman parte da súa oferta. Versalles é un bó lugar para mercar bolsos ou complementos e, por suposto, debe ser unha referrencia obrigada nas visitas a Cee. Nada mellor que contemplar o seu catálogo en www.zapateriasversalles.com ou seguir as súas publicacións en Facebook ou Instagram. O 652 82 86 76 é o seu teléfono de contacto.

Ao carón de Versalles atópase Da Vinci. Un local orientado a mostrar a mellor moda xove feminina. Roupa e complementos, vestidos para grandes ocasións ou prendas para citas informais. Nada mellor que visitar a súa ampla tenda e contemplar como é posible mercar grandes marcas sen moverse da bisbarra. En www.facebook.com/davinci e no instagram teñen colgadas moitas das súas ofertas. No 981 74 72 80 podemos contactar cunha Luisa que sempre atende co sorriso na boca.

Deixando á marxe a Avenida Fernando Blanco, trasladámonos ao Centro Comercial Finis Terrae. Alí Carola Moda ten unha interesante oferta de moda tanto para muller como cabaleiros. Na pranta de arriba con centro comercial ceense, podemos atopar grandes posibilidades para diversos sectores de idade nunha tenda na que coa que podemos contactar no 981 74 76 24.

Por suposto que para sentirse ben con un/unha mesma, entrre outras moitas cousas é preciso sentirse ben co noso aspecto. Por iso faise necesario pasar por Cosméticos Mónica. No primeiro andar do Centro Comercial, Cosméticos Mónica danos a posibilidade de facernos con todo o necesario para estar impecables: perfumes, locións, todo tipo de cosméticvos, cremas... e ademais venta de pequeno electrodoméstico como secadores de pelo, máquinas de barbear, etc. Un simple vistazo ás súas estanterías sirve para decatarse da amplitude do seu abano de posibilidades.

En sen movernos desa zona do Centro Comercial, sempre é recomendable pasar pola tenda de Aspadex. Os mozos e mozas do seu centro ocupacional elaboran auténticas xoias de xeito artesanal. Se buscas un regalo, tes que visitalos. Artículos de marroquinería, bisutería, traballos en coiro, e un longo etcétera de opcións. Ademais, os seus traballos enmarcando son para iso, para enmarcar, cunha execución que sempre acada a perfección. En www.aspadex.org e no 981 74 53 81 coñeceredes máis sobre o seu bó facer.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?