Domingo, 09 de Agosto de 2020

Otras localidades

Cee

Especial publicidad

¿Anímaste a facer un percorrido orixinal?

O comercio ceense permite visitar negocios de moi distinto signo

Hoxe propoñemos unha viaxe por diversos comercios da vila de Cee. Sen aparente conexión entre eles, permiten acceder a produtos moi distintos e sempre necesarios.

A primeira parada vainos levar a Aurora Sport. En plena Avenida Fernando Blanco, no número 24 e facendo esquina con Lino Fernández Madero, temos unha referencia ineludible á hora de falar de deporte. Nela podemos atopar todo o preciso para a práctica de calquera deporte, ademáis de poder desfrutar da mellor moda sport e calzado deportivo. Non perdades a súa web www.aurorasport.es nin o contacto 981 74 61 08.

Na mesma Avenida Fernando Blanco tamén está situado Vídeo Láser, un local clásico nas ventas da vila de Cee. Un dos decanos que a día de hoxe mantén viva a súa actividade de aluguer de películas, unha labor completada coa oferta de pequenos electrodomésticos, televisores, telefonía móbil... No 981 74 63 55 atenden e solventan as vosas dúbidas.

Nos nosos paseos pola vila temos visitado moitos templos da gastronomía en Cee. Ás veces tamén precisamos "afinar a nosa figura". Para iso podemos botar man de HerboCee, en Estatuto de Autonomía de Galicia número 6. Alí ofrecen servizo de parafarmacia, además de poder deseñar dietas personalizadas, coa posibilidade de mercar no propio local os alimentos precisos para celíacos ou veganos. A súa oferta inclúe tamén depilación láser. Solicitade xa máis información no 981 70 60 19.

Para coidar da nosa saúde tamén temos a opción de recurrir a Farmatopedia Cee, en Avenida Fernando Blanco 49. Un universo adicado ao mundo da ortopedia, pero non só a iso, senon tamén a axudas técnicas e todo o preciso para facer máis levadeira a vida cando temos algún problema físico. Herboristería e dietética completan unha oferta que podedes comprobar no propio local ou no 981 74 50 50.

Para facer obras oy bricolaxe en ocasións precisamos tanto materia prima como ferramentas. En ambos casos podemos solucionalo en Cee, recurrindo a Madeiras Crisanto, en Bazarra, en plan subida rumbo á gasolineira. 981 74 51 88

No tocante a ferramentas, consumibeis ( visagras, tornillos, puntas, etc) na praza da Constitución temos un seguro de vida: Ferreteria Lado. Todo o preciso para obras, reparacións caseiras e simiilares o podemos atopar en Ferretería Lado ou no 981 74 51 89.

Aventura

Se queremos sair da dinámica de compras e visitas a comercios, Atlantis Adventure promete emocións fortes. Trátase dunha empresa de turismo activo que nos permitirá soltar adrenalina desfrutando de actividades como paint ball, paseos en kayak, escalada, piragüismo... tamén organizan campamentos e para contactar con eles o podedes facer no 981 70 60 87 ou no seu local, en Xallas, ao carón da rotonda do corredor a Fisterra. Por suposto, non perdades de vista a súa web www.atlantisaventura.com

Hostalería

Cee posúe unha ampla oferta gastronómica. En todas as quinielas para organizar unha cea aparece sempre o Mesón As Viñas. Ao carón do pavillón municipal podemos desfrutar dun completo e abundante menú do día e dunha dilatada experiencia no sector. As súas tapas de xamón asado, callos, raxo ou a tortilla son de obrigada cata. ¿Xa tedes gañas de reservar? 981 70 65 57. 

Na estrada a Fisterra a Tapería A Cepa danos a opción de desgustar os mellores viños. Pero non só iso, tamén tapas, racións, bocatas e deliciosos queixos e embutidos. Todo acompañado por un ambiente cálido e sosegado. No 981 74 79 82 podes reservar teu sitio e tamén coñecelos máis polo miúdo visitando a súa páxina de facebook.

En dirección contraria, na estrada de Muros, en Camiños Chans, o Casa Bar O Talieiro leva dende 1932 dando servizo a unha numerosa clientela. Nos últimos tempos son moitos os peregrinos que fan parada nas súas mesas, xa que a variada oferta permite satisfacer calquera necesidade: café bar, tenda de alimentación , estanco... No 981 74 52 24 contactaredes con eles, pero nada mellor que visitalos para coñecer un local que camiña cara o seu centenario.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?