Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad | Actualidad
A Costa da Morte

O PP arrasa tamén na Costa da Morte, territorio socialista nas municipais

Representantes comarcais do Partido Popular / O PP da Costa da Morte

Representantes comarcais do Partido Popular

Ao igual que en toda Galicia, o PP tamén obtivo grandes resultados na Costa da Morte, territorio onde so gobernan en catro dos dezasete concellos, polos dez nos que manda o PSOE e os tres onde o poder o ten o BNG. Por iso chama a atención que se producisen victorias amplas en tódolos municipios menos un, Corcubión, onde gañou o Bloque.

Hoxe no Vivindo a Costa da Morte recollemos as reaccións dos representantes comarcais de cada partido, comezando polo Partido Popular co carballés Rubén Lorenzo, que reivindicou a importancia de Feijoo como figura de confiaza para a veciñanza. En canto á autovía, o proxecto máis demandado na nosa bisbarra, non quixo prometer a súa finalización para esta lexislatura xa que lamentou que a crise económica provocada pola pandemia poida ocasionar retrasos.

Algo que precisamente reprochou dende o BNG, Serxio Domínguez, que advertiu que esperan outros catro anos nos que a xestión da Xunta volva a esquecerse do noso territorio. Non obstante, os datos dos nacionalistas, que se converten na segunda forza política si son motivo de celebración. Uns datos que permiten ao carballés Daniel Pérez entrar no parlamento galego, no que reiterou que vai a ser o voceiro de toda a veciñanza da nosa bisbarra.

E se temos que falar dun duro golpe, ese seguro foi o que levou o PSdeG, que non conseguiu alzarse ca victoria en ningún concello. Nin en Dumbría, vila que históricamente lle amosou o seu apoio e na que máis preto estiveron do PP, quedando finalmente segundos. O mesmo, pero a máis distancia do partido liderado por Feijoo lle ocorreu en Camariñas, Muxía e Vimianzo, nas que tamén gobernan no ámbito local.

Precisamente sobre esa diferenza entre os resultados nas distintas citas electorais, reflexionou hoxe José Antonio Louro, candidato socailista nestas eleccións. Argumentou o duro golpe na diferenza entre tres principais líderes, xa que mentres Feijoo e Pontón xa teñen certa familiaridade co electorado, Gonzalo Caballero é unha cara relativamente nova, que vai a precisar de máis tempo para calar na xente e conseguir a súa confianza.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00