Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
A Costa da Morte

A Xunta apoia cinco iniciativas que mobilizarán 1,5 millóns na bisbarra

Cee / Praia de Lires

A Xunta concedeu ao abeiro da última edición do Galicia Emprende, da que se vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da segunda convocatoria, axudas por máis de 330.000 euros para apoiar 5 proxectos empresariais de emprendedores e autónomos na comarca de Bergantiños-Costa da Morte, concretamente en Vimianzo e Cee, que prevén desenvolver investimentos de 1,5 millóns de euros.

As iniciativas apoiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, abranguen actividades do sector turístico e comercial. O investimento medio por proxecto é de 130.000 euros, correspondéndose sobre o 40% das iniciativas ás impulsadas por autónomos e as restantes por sociedades mercantís.

Esta liña de axudas está deseñada para impulsar a posta en marcha de proxectos de nova creación e para a consolidación, durante os seus primeiros 42 meses de funcionamento, de iniciativas empresariais de emprendedores ou autónomos

MunicipioProxectoImp. mobilizadoAxuda concedida
CEECREACION CAMPAMENTO TURISTICO430.525,8757.586,00
VIMIANZOAPARTAMENTOS TURÍSTICOS350.000,0088.377,09
CEEAPARTAHOTEL369.181,00105.626,26
CEECAMPAMENTO TURÍSTICO343.760,7867.726,57
CEEPELUQUERIA E ESTETICA37.744,0011.323,20
  1.531.211,65330.639,12
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00