Bugallo, sobre o 12X: "O centro do campo quedoulle libre a Feijóo"
Non quere exercer "de profeta", pero Xosé Sánchez Bugallo cree que o resultado das urnas o 12X "non era unha maldición inevitable" porque había cosas que "se vían vir". Aínda que a crise do coronavirus non axudou, para o alcalde de Santiago a principal erro foi anterior á pandemia. Explicouno así nunha entrevista en Hoy por Hoy Santiago:
00:00
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/008RD010000000019415/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
"A política é como o fútbol: o que domina o centro do campo, domina o partido" e ese centro quedou "expedito, libre" e Alberto Núñez Feijóo "campaba por alí ao seu aire". O rexedor —que fai gala do seu perfil "centrado", especialmente dende o seu retorno triunfal á política— explica por que a Gonzalo Caballero non lle serviu esa estratexia, que foi a mesma que utilizou Pedro Sánchez: "Casado dá medo; Feijóo non".