Sociedad | Actualidad
A Coruña

A Coruña recupera o acto institucional de conmemoración do Día de Galicia

O último goberno en celebralo foi o bipartido PSOE-BNG hai case unha década, nin PP nin Marea Atlántica continuaron celebrando o acto

Conmemoración del Día de Galicia en el salón de plenos / Concello da Coruña

Conmemoración del Día de Galicia en el salón de plenos

A Coruña

O Concello da Coruña volveu a acoller esta mañá un acto institucional de conmemoración do Día de Galicia, o último goberno en celebralo foi o bipartido PSOE-BNG hai case unha década, nin PP nin Marea Atlántica continuaron celebrando un acto co que hoxe a alcaldesa, Inés Rey, reivindicou unha Galicia construída tamén "desde o coruñesismo". Un acto que finalizaba co himno de Galicia.

Hai un século, as Irmandades da Fala celebraban por primeira vez o Día de Galicia. Facíano na Coruña, como cidade desde a que reivindicaron un proxecto de autogoberno. Inés Rey quixo recuperar ese espírito nun discurso cargado de simbolismo e que foi un dos de maior carga política desde que goberna. Defensa pechada do galego e dun coruñesismo que considera "profundamente galeguista". Defensa dunha cidade "sen a cal non se pode construír Galicia e viceversa".

"#Abrir un mapa planetario, A Coruña #ver encabezando ou centro do mundo, que lle chaman Galicia. Non somos periferia, somos vangarda. Espero contar con todas e todos vós para dicirlle a quen sexa, como hai un século, neste centenario do 25 de xullo, ou Día de Galicia, A Coruña volve presentarse como ou que é ou que loce nas palabras que presiden a fachada do Pazo municipal: cabeza, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia", subliñou a alcaldesa na súa intervención.

Inés Rey falou deste acto como un paso máis no espírito dunha cidade "que hoxe reivindícase como faro de Galicia, como berce e futuro, como actualidade dun país vizoso ao que lle queda moito por facer".

Apelou á "unión de todas as institucións" no desenvolvemento dun proxecto "de progreso, de futuro, profundamente galego e municipalista". Rey lembrou o proxecto autonomista que A Coruña defendeu fai catro décadas.

A alcaldesa asegurou na súa discuros que o coruñesismo actual é profundamente galeguista, trasnversal, aberto e reacion ás fronteiras, "como nos ensina ou Atlántico" e que A Coruña da reactivación ofrece a Cidade das TIC; a Economía Azul "que debe ter ou seu centro nos terreos portuarios"; as políticas de coidados e de sustentabilidade, as industrias téxtiles, a sensibilidade social, o feminismo, o progreso e a cultura como motor.

No pleno houbo representación de todos os grupos políticos de María Pita, do Goberno Central, así como das Forzas Armadas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00