Tribunales
A Coruña

Unha placa recordará na Coruña aos maxistrados que dictaron a primeira sentencia en galego

Dende a Irmandade Xurídica Galega demandan a Xunta que facilite que todo o persoal da xustizia traballe máis en galego

Descubrimiento de la placa / Xunta de Galicia

A Coruña

Desde hoxe, na Praza de Galicia da Coruña, ás portas do Tribunal Superior de Xustiza, no Palacio de Xustiza, unha placa lembrará aos maxistrados da Sala do contencioso administrativo que hai 35 anos ditaron a primeira sentenza redactada integramente en galego tras séculos de desaparición absoluta do idioma no ámbito do sector xudicial.

Ricardo Leirós Freire, Claudio Movilla Álvarez e Gonzalo da Huerga Fidalgo, maxistrados da Audiencia Territorial da Coruña, ditaban esa sentenza que hoxe foi reivindicada lembrando tamén que, a día de hoxe, unicamente o 5% das sentenzas están redactadas en galego, o idioma maioritario da poboación que reside en Galicia.Iso a pesar de que existe amparo legalCon todo, o fiscal Carlos Varela, membro da Irmandade Xurídica Galega, achaca esta situación a unha sinxela cuestión: "Parece que máis ben é unha #cuestión de vontade, neste aspecto a nosa irmandade vén reunindo a diferentes profesionais dous estamentos xurídicos para que se animen ó seu uso na súa profesión".Desde a Irmandade Xurídica Galega han demandando á Xunta durante este acto que facilite que todo o persoal da xustiza traballe máis en galego, que o faga especialmetne mellorando as ferramentas tecnolóxicas, esenciais para a promocion do idioma.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00