Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Política
Cambre

A Xunta executa obras de conservación en Ponte Peiraio, en Cambre

Augas de Galicia está a actuar no muro de sostemento da senda que se viu afectado o pasado inverno

Traballos na zona / Xunta de Galicia

Traballos na zona

A Coruña

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar actuacións de conservación no noiro de sostemento da senda fluvial de Ponte Peiraio, sobre a marxe esquerda da canle do río Mero, en Cambre, afectado polas sucesivas frontes de chuvias acontecidas en decembro do ano pasado.

Os traballos que está a executar o servizo de conservación fluvial de Augas de Galicia céntranse no tramo de muro de sostemento da senda que se viu afectado e consisten na retirada de árbores caídas e na retirada da varanda metálica do muro, para reducir o seu peso e evitar que poida causar atoamento no río.

As actuacións en marcha completaranse coa instalación de peche nos extremos para evitar os riscos que pode implicar o acceso a esta zona do paseo, que no seu momento foi pechada pola Policía Local.

A intervención que se está a levar a cabo ten como obxectivo atender as incidencias provocadas polas sucesivas frontes de chuvias acontecidas en decembro do ano pasado.

Augas de Galicia está a supervisar neste momento o proxecto de execución dun novo muro de protección na marxe do río en Ponte Peiraio, así como o acondicionamento do treito da senda soportado por este, para a súa licitación.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez segue a colaborar co Concello de Cambre, con que tamén recentemente asinou un convenio de colaboración para o mantemento da contorna do río Mero, cun investimento autonómico de case 160.000 euros. O acordo terá efectos ata o 31 de decembro de 2023.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir