Jueves, 01 de Octubre de 2020

Otras localidades

Apehl

Tempos de"apretar os dentes" nos hoteis lucenses

A hostalería galega cae un 87% en comparación co xullo do 2019 e Lugo segue a dinámica

O número de turitas internacionais desplómase

O número de turitas internacionais desplómase / Pexels

Que o verán do 2020 no iba ser un bo ano para a hostalaría e o ocio no noso país non era un segredo. Segundo o INE ( Instuto Nacional de Estatísica ) o turismo en Gaicia caue un 87% en comparación con xullo do 2019. "Algo que xa agardábamos", recoñece Cheché Real, presidente da Apehl en Lugo.  Malia que atopar un oco nas terrazas lucenses semelle case un  imposible durante as fins de semana, o certo é que a hostalaría abarca moito máis que iso e os resultados non son positivos.

"O ocio nocturno leva pechado case medio ano na Mariña, os restaurantes ou os bares que teñen quince mesas en terraza son unha minoría. De terrazas non viven os establecementos", reflexiona Real. A caída do turismo provoca ter habitacións de hoteis sen xenta. Alejandro Balseiro, dende o Urban de Viveiro tira de cifras. "Agora mesmo se comparamos as reservas de agosto do 2020 e do 2019 temos a metade". Son momentos de reflexionar e sobretodo mirar ben "onde gastar, onde medirse, como investir... ", engade Balseiro.

En Viveiro non queren mirar para os negativos. As perdas "son moitas", pero non queren nin ollar a cuantía exacta porque " agora o importante é apretalos dentes". Chegan tempos complicados. Tempos ós que ninguén contava enfrontarse. Tempos dos que algúns empresarios non han ser quen de saír a flote. " Non temos unha tendencia de peche alta en Lugo, son poucos, pero si hai establecementos que están a pechar na nosa provincia", lamenta Real dende a Apehl.

En Ribadeo as sensacións son moi similares. Dende o hotel Mi norte destacan o "duro" que está a ser esta campaña. O perfil de veraneante mantense con respecto a pasados anos. "Parellas e familias que queren descansar, gozar da paisaxe e comer ben", explica Cristina Torviso, xerente do hotel. Redúcese case por completo as visitas turísticas internacinoais e aumenta a preocupación.

Torviso subliña a cantidade de chamadas que reciben previa reserva para coñecer as medidas de seguridade e hixiénicas que se toman no propio hotel. "Son medidas moi sinxelas que garanten por completo a seguridade dos nosos clientes". De feito, incide en que se todo o mundo levase a cabo as medidas de seguridade que se reomendan e que eles manteñen a liña no hotel, non se darían tantos rebrotes .

 

 

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?