Fútbol | Deportes
FÚTBOL

A RFGF pecha a difícil e inédita tempada do COVID-19 superando as 97.000 licencias e con máis de 5.300 equipos

O número total de clubs na RFGF durante a tempada 2019/ 2020 ascende ata os 1.45 e as licenzas superán a cifra de 97.000 sumando tamén os case 1.400 árbitros

A RFGF pecha a difícil e inédita tempada do COVID-19 superando as 97.000 licenzas e con máis de 5.300 equipos / RFGF

A RFGF pecha a difícil e inédita tempada do COVID-19 superando as 97.000 licenzas e con máis de 5.300 equipos

Ourense

A Real Federación Galega de Fútbol puxo o peche ao exercicio deportivo correspondente á tempada 2019/ 2020 coa disputa da gran final de fase de ascenso exprés á actegoría de bronce do fútbol español, un playoff único nun escenario único: o estadio Abanca Balaídos, así como as fases de ascenso na especialidade de fútbol sala.

Remata así unha tempada marcada polo COVID-19, unha pandemia que nos obrogou a reiventarnos a todos e que puxo patas arriba todos os plantexamentos existentes, tamén no fútbol.

Con todo, a RFGF segue traballando a diario coa mente posta na próxima campaña. O deseño do plan competicional, a atención permanente aos clubs nunha situación tan complicada como a que estamosa vivir, os orzamentos en época de COVD-19 e a incerteza coa que se expón o futuro mandan agora mesmo sobre a mesa de traballo dos diferentes departamentos da Federación.

EN CIFRAS:

No plano deportivo, as cifras e os resultados falán por si sós. O número de clubs e de licenzas segue medrando tempada tras tempada, a integración do fútbol sala na RFGF é total e a posta polo fútbol femenino é histórica.

O número total de clubs na RFGF durante a tempada 2019/2020 ascende ata os 1.145, e de todos eles xorden nin máis nin menos que un total de 5.318 equipos.

En canto as licenzas, o prsente curso péchase con un total de 96.034 licenzas, unha cifra que segue situando ao fútbol galego entre os cinco primeiros de España, só superado por Cataluña, Andalucía, Madrid e a Comunidade Valenciana, aínda que moi preto desta última.

A paixón polo mundo arbitral segue moi latente en Galicia. Cada ano son máis os que optan por integrarse na gran familia do Comité Técnico de Árbitros da RFGF. En números exactos, a familia arbitral de Galicia estivo formada durante a presente tempada por 1.379 colexiados.

En definitiva, umha tempada especialmente difícil e dura para todos remata cunhas cifras espectaculares que volven situar ao fútbol galego na punta de lanza do fútbol español.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00